BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
defensivo da identidade galega, como, por outra parte, fixeran os homes do ?Grupo Nós? nos agres debates con intelectuais da Xeración do 25 (Rafael Dieste, Bal y Gay, Fernández Armesto) durante a ditadura de Primo de Rivera. Desde o punto de vista persoal, esta ?saudade revertida? permítelle reconstruír literariamente o seu pasado en Colombia ao convertela en aliada da memoria, sen que iso supoña unha caída profunda na melancolía. Lembremos que para o filósofo Carlos Gurméndez a persoa melancólica vive envisa, indiferente á realidade exterior, todo o contrario do que lle aconteceu ao poeta noiés en Galicia:
Vive recogido en el recuerdo de sus vivencias y así actualiza siempre el tiempo, es decir, presentiza el pasado, convirtiendo los sucederes íntimos de su proceso temporal en esencias vivas, actos conscientes, pero está cerrado para el tiempo real que fluye exteriormente. Nada espera, porque la esperanza para el es sólo recuerdo, renunciando a la vida y al reconocimiento de los otros como realidades ajenas, de los que conserva su presencia como fantasmas que evoca en sus reminiscencias melancólicas. Recluido en una idealidad que le sitúa fuera del tiempo en el espacio sombrío de su interioridad, se vuelve hacia lo que vivió no para retrotraerlo con el ansia secreta de que ese paraíso de la nostalgia resucite.82
Dada a súa condición de intelectual ben arraigado na realidade de Colombia mentres durou a súa emigraciónexilio, o regreso a Galicia significou para Avilés tamén unha perda. De aí que os poemas de Cantos caucanos e mais os relatos de Nova crónica das Indias respondan fielmente ao que a profesora Angelina MuñizHuberman entende como poética do exilio:
Existe una serie de elementos coincidentes en el mundo de los exilios. Los que más llaman la atención son el de la memoria, la identidad y la integración en el país huésped, así como el estado de la nostalgia. La integración, con las dificultades o facilidades en cada caso específico, muestra diversas vías de solución. Si a veces se habla de inadaptación o de ambigüedad, podemos atisbar de inmediato el proceso de invención del escritor que utiliza como fuente de trabajo su capacidad mental de crear ficciones. Aquí, el exilio sería una mera ficción mantenida por recursos poéticos, que ha llegado a ser creída y aceptada como realidad. A esto se agrega el poder reforzador de la memoria que ayuda a fijar la imagen y la ficción. Estos elementos unidos a la nostalgia evitan la perdida de la identidad y caracterizan la poética del exilio.83
Probablemente, para apreciar ben os elementos da realidade colombiana nada mellor que unha análise pormenorizada das composicións da primeira parte. Que non poetizase realidades sociais e políticas de Colombia que tanto lle afectaban, como a violencia e o narcotráfico, haberá que aporllo ao feito de que non eran de doada integración no seu tema poético fundamental. No prólogo en prosa que antecede á edición de Cantos caucanos na colección ?Leliadoura?, o membro da súa xeración Basilio Losada trae a colación a poesía de Pablo Neruda á hora de describir a obra do escritor noiés:
Hai algo nerudiano nestes poemas do Avilés, pero este algo ven máis da identidade das paisaxes ou da prodixiosa potencia verbal que dunha asumida condición discipular. Avilés, coma
Nº 364
96