Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tándoles a establecerse en Timaná; pero cuando lo estaban efectuando, el gobernador les atacó a traición y acabó con su rebeldía.49
Ao servirse para o monologo interior de ?Gaitana? dun episodio histórico de tanta violencia como o das relacións de Pedro de Añasco e a cacica ben se bota de ver que ao escritor de Noia lle interesaba deixar constancia do inferno dantesco que debeu ser a conquista do continente americano no século XVI, pero non se centraría nos feitos bélicos propiamente ditos, senón no período de catividade do capitán español. Aínda así, non falta algunha referencia dispersa á traxectoria militar do protagonista en forma de flash back. Describe en menos dunha páxina a partida de España, ?a ledicia da terra descuberta e o temor irracional do que non se coñece? (p.19), e especialmente, o medio hostil en que fora desenvolvendo a expansión militar desde o Sur:
Mil días de combates, de sede e quentura, de perdas e feridas, de animais arrepiantes que a nosa fantasía mitificaba no seu terror e que logo foron familiares dentro da súa salvaxe condición. Pragas acuciantes de niguas, que perforan debaixo das uñas dos pés para aniñar os seus oviños de picor insufríbel, e praga de mosquito, de avespa negra, de bicho impertérrito que atravesa o coiro dos cotobelos, dos pulsos, das fazulas, o proer eterno, nun camiño comenzado que non sabemos onde leva. A frecha envelenada, a cerbacana, a macana, a lanza de cana que nos persegue, noite e día, e que só as nosas trompetas e tambores, os arcabuces e culebrinas, o trote do cabalo e o seu casco asoballador atemperan para ir rubindo, desprazándose, abrir o noso real cada día nun espacio máis alto, ata chegar ao cume da serra e enxergar a planicie, a dimensión entrevista da felicidade final e a ansia do reino tan soñado. (p.19)
A sede de ouro rexistrada xa no Diario de Colón acabaría converténdose en auténtica febre no caso dalgúns conquistadores. Antes de escravizaren e enfeudalizaren a pobación indíxena, o seu primeiro afán foi o saqueo sistemático dos tesouros das autoridades, para o que preferiron deixar arrombados os escasos principios morais que levaron de España. No relato, malia a súa cegueira, Pedro de Añasco conserva a lembranza do brillo do tesouro do Inca en Cajamarca, o das esmeraldas e tumbagas (aliaxes de ouro e cobre) dos muiscas, así como as riquezas do templo do sol destruído por Ximénez de Quesada:
Relembro Timaná, pero denantes chégame o reflectir da prata na cela de Atahualpa, ou xa en terra dos muiscas o fulgor coruscante das esmeraldas de Muzo, o brillo do ouro e da tumbaga en Facatativá e en Usaquén, o contemplar de noite o templo iluminado do sol en Suamox, e a miña avareza a refulxir nos ollos que ti fixeches estoupar coas túas propias mans. (p.22)
Recoñece que se aventurara en América como a forma de enriquecemento máis rápida para un home de armas:
...andei os camiños da mourería abatendo de ferro e de furor a canto ser atopara, e que albisquei na descuberta un camiño máis amplo e máis seguro para facer fortuna. (p.29)
Unha das peculiaridades temáticas do relato ?Gaitana? é a denuncia da violencia exercida polos conquistadores sobre a poboación indíxena, pero ao poñelo en boca do
63 Nº 364