Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
dous artigos de Barbanza de tema colombiano, en forma de simple cita en ?Como un rio de xaguares? e mais como título dun texto sobre a resistencia ao imperialismo norteamericano. Moi probablemente, ese ensaio de Arciniegas contribuíu, a pouco de chegar a Colombia, á descuberta da identidade latinoamericana. Segundo Pedro Gómez Valderrama, América, tierra firme
Es la visión de América dirigida en primer término a los latinoamericanos, para que ellos tomen conciencia de su propia identidad. Un libro encaminado a brear esa conciencia, a borrar los mitos de superioridad de Europa, a hacer ver cómo el pueblo de América tiene un pasado de cuyo valor debe estar ampliamente consciente. Bien importante es un análisis de la actitud del indio frente al español, y en general ante el europeo. Para Arciniegas el europeo nunca descubrió al indio en tanto que el indio sí descubrió al europeo. Pero eso el indio fue, desde un principio, indescifrable para el español. La astucia del indio fue el arma que este opuso para defenderse del blanco.21
Como a columna ?A contraluz? está constituída por retratos de persoas concretas, Avilés de Taramancos reserva para a titulada ?De par en par? o artigo ?De Bolombolo a Macondo ?a rota máxica da crónica?, aproveitando a celebración do 12 de outubro de 1988. Este eloxio da literatura latinoamericana, en especial da súa narrativa, presenta a particularidade de revelar de forma diáfana a actitude da que partiu Avilés ao describir a paisaxe colombiana en Cantos caucanos e Nova crónica das Indias:
No ollo do cronista perfilase o asombro. Ver a illa relocente no límite do mar, sentir o seu perfume, e ir destecendo os fios da esperanza para tecer a urdime dos ensoños. Aí escomeza o realismo máxico: as criaturas entrevistas, brancas na aurora, que se transfiguran no correr da pena e da palabra; a ave multicolor que canta psalmos nunha lingua antiga, o froito e o seu saibo que aflora no sentido para ver o mundo novo a traveso do espello imaxinario. Xoán de Castellanos, o crego de Tunja, cantara en dezaoito mil oitavas reais non só a epopeia dos homes e do ferro, senón as vivas formas da paisaxe descoberta a cada intre; os fabulosos animais no escuro, as asas que ruxen, as árvores que andan e a palpitazón da terra no seu folgo. Os aconteceres dunha viaxe fascinante e inóspita. Se non fora a eiva estéril do romantismo, cando os cisnes e os xardíns umbrosos ?Atala, querido Chateaubriand falsearon o turpial e o mato salvaxe, o fio da literatura de Indias non se perdera en encanar remendos e remedos. De Bernal Díaz a Mariano Azuela e do Inca Garcilaso a M. A. Asturias hai unha limpa travesia, que non hai de Mármol ou de Isaacs ?a non ser as rosas do Cauca e o arrecendo do Chaco ás crónicas pasadas e presentes.22
Nas historias da poesía de Colombia, Juan de Castellanos (15221607) aparece sempre como o fundador pola súa condición de autor de Elegías de los varones ilustres de Indias (1589), o máis extenso poema en castelán de todos os tempos. Este aventureiro e soldado andaluz, logo de participar activamente na conquista, acabou por converterse en intelectual e crego da cidade de Tunja. En tanto que seguidor de Alonso de Ercilla ?o autor da Araucana ten palabras de gabanza para a segunda parte das Elegías, Juan de Castellanos non sobresaíu certamente polos méritos estéticos dos seus versos, senón pola condición de auténtico cronista da conquista e colonización do Nuevo Reino de Gra51 Nº 364