BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
güisqui, tabaco, ron. Anos de soidade, de esquezo, de sobrevivir. Na selva fonda do baixo Caquetá,o Comandante Marulanda ten o seu apousento máis seguro. Cuartel de quita e pon de guerrilleiro nómada. Cuartel de adestramento e de repouso. O Andrucho chega un día polos camiños do río co seu matute e reparte tabaco, trago, xabrón. O trato faise repetido. Marulanda ve no vello patrón un ollar aínda forte, unha man poderosa, un home de palabra e decisión. (43)
O autor e narrador aínda volvería ver ao Andrucho, esta vez xa agoniando nun hospital de Cali. O desenlace tráxico do protagonista contrasta coa evocación da felicidade que experimentaba o narrador na infancia ao enxergar os veleiros entrando na ría de Noia. É neste ámbito onde o narrador se sente seguro e, se tanto na descrición do Bulevar do Ron como na narración das peripecias clandestinas do Andrucho polos ríos de Brasil e Colombia predominan as enumeracións á maneira de grosas pinceladas, na reconstrución das imaxes da infancia desprega de novo a súa poderosa arte verbal e a poesía invade de contado a semblanza. Como teremos ocasión de subliñar, a evocación dos barcos da infancia incorporárase a unha fermosa composición de Os poemas da ausencia:
Se virades entrar un veleiro na ría co velame despregado ao vento, os foques tensos no batallón de proa e a vela escandalosa alta no vento coma unha bandeira, veriades a miña nenez a sorrir. Os veleiros chegaban do sur cargados de sal, de viño, de aceite, de laranxas, e traían un perfume mediterráneo, un aire de aventura irrepetíbel, unha canción nova que se aprendía de contado nas tabernas da vila, unha habanera, acaso co vaivén das ondas, que aínda hoxe se canta sen saber de onde veu. Balandros, goletas, pícholas, pailebotes de proa afiada que viñan a varar nas ribeiras de Noia, a invernar, a reparar fondos nos estaleiros de A Barquiña. E deixaban na ría o aroma do galipote, da brea, da pintura fresca. Os rapaces coñciámolos coma se certamente foran nosos, e debuxabamos nas libretas da escola a súa liña fermosa con ondas e gaivotas, pondo sempre o seu nome no costado de popa: Consuelo María, Maniños, Pepito Hermoso, Lealtad, Nova flor do Barqueiro. Olga. O Olga era o barco do Andrucho. E o Andrucho era o capitán dos nosos soños, das nosas aventuras. Era o patrón da nave mítica onde quixeramos navegar. (4142)
Cómpre non esquecermos que Avilés de Taramancos publicou un soneto titulado ?Veleiro entrando na ría? nas páxinas do vespertino compostelán La Noche (20VIII1960) nun número dedicado a Noia co gallo da festas do San Bartolomé e nel Avilés tamén dá a coñecer o artigo ?Filosofía noiesa. Moas el grande y sus discípulos?. 3.13. ?O HOME DA ROSA BRANCA? O personaxe evocado nesta prosa é Elcano Sidelnik, a quen Avilés tratou na libraría que rexentaba en Cali porque traballaba como representante editorial. O noso escritor comeza aludindo á súa condición de ?neto de gauchoxudeos? ?asentáranse en Entre Ríos fuxindo dos pogroms en Rusia, como a familia do escritor arxentino Alberto Gerchunoff (18841950), autor do volume de contos Los gauchos judíos (1910) para explicar logo o seu vagabundeo ao longo e ancho do continente:
Nº 364 88