BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
transcendente da altura, que entraña sempre ?esquecemento do tempo?. A maxestosidade da orografía en que aparece ubicada a localidade de Chachahuí tamén se salienta coa utilización de dous símbolos ascensionais dos estudiados por Gilbert Durand91, como son o ?cume? e as ?grandes aves míticas? (cóndores). Gracias, ademais, ás referencias á cultura incaica, o cume do poema adquire abofé os caracteres de montaña sagrada. A altitude do cume e a transcendencia do suxeito lírico tamén saen reforzadas cos elementos estelares, que experimenta tanto co sol do verso 12 como da antítese final entre dúas realidades que brillan: as flores ventureiras e as estrelas. Curiosamente, as peculiaridades da fauna americana, agás os cóndores, concéntranse nos versos oito e nove. 4.2.5. ?Sandoná? O único poema de tema estrictamente históricopolítico de Cantos caucanos presenta un notable cambio estilístico en reación coas demais composicións da sección, pois nel renuncia ao lirismo en favor dunha exposición narrativa e do humor para acadar o necesario distanciamento crítico. Se o mesmo Avilés de Taramancos recoñeceu nalgunha entrevista92 a influencia que sobre el exerceu Nicanor Parra, o principal representante da antipoesía en América, ben pode aducirse ?Sandoná? como unha mostra dos ecos leves deste celebrado poeta chileno:
O indio Agualongo instituído persoalmente coronel dos exércitos reais vixía o paso de Sandoná con catro mil pastusos, anchos, pequenos, fortes, de ollo enfurecido e de macana, dispostos a morrer polo surrealismo. Bolívar de casaca vermella, estira o catalexo e pronuncia unha frase para a Historia: ?Ninguén nos vencerá?. O oráculo minteu como un vellaco nese día. (31)
No canto dun auténtico relato da decisiva batalla de Bomboná, que tivo lugar preto de Pasto o 7 de abril de 1822 e foi unha vitoria pírrica de Simón Bolívar (17831830) por perder dous tercios do seu exército, o poeta móstranos en presente aos dous protagonistas históricos. Sabe aproveitar o espacio en branco da páxina para efectuar unha elipse narrativa sobre a mesma batalla. Se a simple substitución da palabra realismo por surrealismo lle abonda para desenmascarar a ideoloxía defendida polo militar de orixe india que defende a monarquía fronte aos patriotas republicanos, o verso final cumpre un papel desmitificador que descompón o ton heroico da frase apócrifa que o poeta pon en boca do Libertador. De todos os xeitos, o contexto histórico colombiano merece un esclarecemento para apreciar a transformación a que somete o autor a realidade á hora de ser incluída no poema. Avilés privilexia o espacio mediante o título, pero logo non desempeña outra función que a de marco xeográfico. Sandoná é un dos municipios da provincia de Pasto, no actual departamento fronteirizo de Nariño. Durante a guerra da Independencia a poboNº 364 108