Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tada é Chachagüí, e está situada na provincia de Pasto, no departamento sureño de Nariño. O predominio absoluto dos versos impausados (16) sobre os que presentan unha pausa interna (4) e mais o feito de que se rexistren ata 5 encabalgamentos suaves provocan unha aceleración do ritmo nas unidades estróficas que se corresponden á descrición das alturas; curiosamente, vaise facer máis lento na última unidade, a centrada nas referencias ás profundidades por onde discorre a estrada:
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador, brillan as flores ventureiras. Pero as estrelas son ais grandes. (29)
Nas dúas primeiras unidades estróficas volve Avilés a exhibir o grande dominio que posúe da palabra poética ao tratar a materia fónica do verso. As vocais pechadas anterior e posterior do topónimo parece que ecoan en diversas palabras moi próximas; nalgúns casos mesmo corresponden á sílaba tónica e á fin do verso, polo que se salienta a expresividade desas harmonías vocálicas, que dan a suxestión de altura:
Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume do CúndurCúndur que os incas bautizaron polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachauí e ver no fondo do precipício o Putumaio brincar como un regueiro pequeniño. Ter unha casa en Chachauí e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes, dos cocuios, o canto do turpial e o miar estremecedor do puma negro. Ter unha casa en Chachauí, esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo amigo do sol. Ter unha casa en Chachauí. (29)
A dimensión ascensional tamén se rexistra no sintagma ?Ter unha casa en Chachauí?, que devén auténtico retrouso da composición. Polo que se refire á distribución desa unidade sintáctica na páxina, cómpre observar que, despois de encabezar o poema, se despraza ao segundo hemistiquio do verso terceiro para adquirir un realce progresivo a medida que avanzamos na lectura do texto. Este sintagma non soamente condensa a expresión do desexo do poeta, senón que salienta a elevación da localidade ao dispoñelo na páxina en branco como pairando no aire. A serie paralelística de infinitivos non persoais só desaparece na unidade estrófica final. Se estes infinitivos, por un lado, amortecen grandemente a subxectividade do poeta, ao tratarse dun tempo verbal de temporalidade non marcada remiten á dimensión
107
Nº 364