Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
verso, pero no era el díos tutelar y protector de su pueblo; no era un díos beligerante y perpetuamente activo. Era, más bien, un díos estático, omnipotente, que se recreaba a través de siglos infinitos en la grandeza de su esplendorosa creación.108
O relato cosmogónico de Avilés iníciase con tres versos dedicados á divindade muisca. O poeta radícaa na cidade de Hunsa, actual Tunja, por ser esta localidade a residencia dos zaques, que estaban enfrontados aos zipas de Bacatá (Bogotá) e constituían un dos membros máis importantes da confederación muisca no momento da invasión dos conquistadores españois:
O deus de Hunsa mandou as aves cara o Sul; foi no seu voo esgazandose a negrura, naceu a luz brillou entón o mundo como brilla unha pérola na aurora.
Estes tres versos abondan para referir os datos esenciais do mito de Chiminigagua, como podemos comprobar na obra de Jesús Arango:
Según relatos, acopiados por los cronistas que llegaron con los conquistadores, el mundo, en sus orígenes, se hallaba en tinieblas, en la oscuridad absoluta. Pero, un buen día, Chiminigagua quiso iluminar el universo y, para el efecto, envió por el cosmos infinito, dos grandes aves negras, a que lo recorrieran dándole lumbre. Esto hicieron esparciendo un vapor incandescente, que arrojaban por el pico. Y se hizo la luz.109
No poema avilesiano o protagonismo do acto xenésico corresponde totalmente a Viracocha, a deidade suprema e creadora que na relixión dos incas non soamente dera vida aos seres humanos, senón tamén aos animais e ás plantas. A ordenación dos elementos que van xurdindo da vontade demiúrxica de Viracocha responde plenamente ao modelo narrativo da Biblia. A exaltación da flora e da fauna peculiar dos Andes non reviste a forma das descricións paisaxísticas dalgúns poemas de Cantos caucanos; agora van agromando co discorrer da narración:
Desde Huanacautí a man de Uirakocha foi ordenando as cimas, puxo irtas ao Sol as neves irisadas, ergueu o farallón, cavou os precipícis onde a danta se acovilla no escuro. logo plantou o guaiacán e puxo flores Como candeas a locir no vento. No intre descansou. Ollou a abobada do mundo e veu ao MachuPichu sostendo o firmamento. Puxo lume no seo máis recóndito dos cómaros. Abrollou de fervenzas os outeiros e naceron os rios cantando o seu cantar; naceron chiminangos na ribeira florida. Logo veu o turpial e a anaconda fascinando o seu voo na ollada estática. Veu a alpaca a pacer e o indio altivo a debuxar o seu carís de bronce.
Chiminigagua só fai acto de presencia na metade do texto por razóns compositivas, pois o motivo das aves do verso inicial volve aparecer ao final do poema para conseguir unha estrutura circular. Tamén o deus muisca acaba por colaborar na erección dos Andes
129 Nº 364