BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
branzas americanas, prívanos hoxe dunha cumprida relación da vida en Colombia e, xa que logo, da súas posibles relacións coa guerrilla:
¿Fixo contrabando de alimentos coa guerrilla?... posible, pero non seguro. Na etapa na que vendía libros por casas e colexios estivo polo sur e puido entrar en contacto co M19. Establecer actividades económicas coa guerrilla non era nin é cousa fóra do común en Colombia.27
En calquera caso, convén lembrarmos unha pasaxe da carta póstuma que lle dirixe a Celso Emilio Ferreiro en 1991 no volume colectivo Voz e voto:
Sei ben da tua inquedanza polo meu destino, da tua preocupación ao verme retratado naquel mural dun Banco de Caracas en homenaxe aos guerrilleiros mortos e do poema que rachastes, en memória do teu amigo morto, en Colombia. A morte non fora máis que feridas que se puderon cautar, e outras que fican para sempre na tona do corazón, polo tempo que foi, pola loita emprendida, que non ten fin e polo regreso, sempre a later, a pasar as vicisitudes do noso povo ao ver o oco que deixaron os amigos idos, e todo por facer.28
Nas súas columnas de Barbanza Avilés procurou chamar a atención dos galegos sobre a realidade política e social de Latinoamérica. Dado o contributo humano de Galicia a América por medio da emigración, o poeta consideraba que non podía ser vista como unha realidade allea á sorte deses países:
A Galiza tamén levou o seu rio a ese mar imenso e puxo os alicerces, o esquelete de estrutura nova, perdendo nese escoar de xente a sua própria vitalidade, e o pulo quezais de configurar nos seus próprios eidos a pátria que soñamos. América é pois algo noso, ainda que agora a vexamos desde lonxe e confundamos países, comarcas, idiosincrásias e problemas. Dous millóns e meio de galegos asentaron na América as suas raiceiras a través do tempo, fixeron a sua sementeira e recolleron o seu pan emprestado para sobreviver no mundo novo e deixar agromar o seu sangue para que esa terra fose tamén nosa. Calquer cousa que aconteza en calquer país americano é algo que a nós nos ancontece e que debera pasar ás páxinas da nosa história. 29
Despois de lembrar a doutrina Monroe de América para os americanos como lexitimadora da intervención imperialista de Estados Unidos e o expolio organizado dos recursos naturais, Avilés cita o famoso poema de Rubén Darío e mesmo parece interpretar os diferentes casos de loita armada do continente á luz do foquismo do Che Guevara:
Non sei se acordar agora os versos de Rubén Darío na Oda a Roosevelt ou as derradeiras palabras do Che Guevara do seu discurso nas Nazóns Unidas, tan aplaudido naquel intre, cando dixo: 'Despois de tanto espolio, despois de tanto roubo e villania, despois de tanta afrenta permanente, os povos de América erguen as suas almas e botanse a andar, e xa ninguén os pode deter'. América é agora unha voz lanzada en contra da ignomínia. Milleiros de homes e mulleres andan no monte, na selva e na cidade, a defender coas armas o pan e o território que os outros lle roubaron. A sombra do Che, a voz de Camilo Torres, a figura ergueita e xenerosa de Sandino vense ainda cruzar os Andes e as planuras para avisar a toda a xente de que poña o seu brazo na tarefa común da liberdade. Desde Bolívia e
Nº 364
54