Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
o Paraguai, desde Colómbia e Nicaragua, desde as pequenas illas ás grandes extensións a xente botouse andar certamente, e bule América na máis viva ánsia de ser ela mesma quen rexa o seu destino. A máscara fedenta de Reagan non pode xa disimular a sua ambición e o seu desprécio. Cen Vietnams poden aparecer de pronto. Están aparecendo.30
Loxicamente, Avilés tamén se ocupou da acción dos grupos paramilitares, plenamente integrados na política oligárquica do Estado, pois xa existían antes da aparición das FARC en 1964 e tiveron como finalidade fundamental combater o movemento agrarista provocando o desprazamento de miles de campesiños para favorecer os intereses da oligarquía. Estímase que entre 1951 e 1964 o éxodo rural afectou a tres millóns de persoas e un millón viuse despoxado das súas terras:
Levan os grandes ríos da outra patria o seu tinte de sangue. Os paramilitares, pájaros e godos, avutres carroñeiros da mesma ponla, percorren as ribeiras desde o Sinú e o Atrato ate Caquetá ceifando na inocéncia das veredas a nouca dos vencidos sempiternos do campo e do traballo. Milleiros de labregos caen na seitura. Os máis arriscados ?que son moitos tiranse ao monte e nace un novo rio de xaguares. O meu Comandante TiroFijo anda agora no alto Magdalena tensando os ánimos e organizando a loita. O ELP, o ELN,o Quintin Lame de guerreiros indíxenas, coordenanse para a batalla e o ideal comun. E xa os seus pasos fan estremecer as cordilleiras.31
En 1984 os grupos insurxentes crearon a organización política Unión Patriótica como plataforma destinada a integrar a poboación partidaria de cambios sociais e políticos fronte aos dous partidos tradicionais. Á vista do éxito electoral logrado por Unión Patriótica, que obtén entón representantes no Congreso, no Senado e nos Concellos, entran en acción os paramilitares para liquidaren os activistas da esquerda:
A clase oligárquica asustouse ?declarou o líder das FARC Raúl Reyes e veu o asasinato en masa, comezando por Jaime Pardo Leal [en 1987], eminente xurista, candidato á presidencia da República; e após el seguiron asasinando a milleiros de persoas, militantes da U.P. Despois asasinaron ao sucesor de Jaime Pardo Leal, Bernardo Jaramillo [en 1990]. O M19 xa se desmobilizara, e o seu líder Carlos Pizarro León Gómez foi asasinado tamén. Asasinaron a todo o mundo.32
Avilés tamén se fai eco da liquidación dos militantes da esquerda ao tempo que lembra os líderes do ELN, do M19 e das FARC:
O coro dos esfarrapados a carpir. O coro dos valentes a empuñar o fusil. En Colómbia máis de dous mil patriotas da UP quedan agora nos camiños co seu ollar vidrado e a gorxa acrivillada. A flor do sangue abre as suas pétalas no gualandai, esa árbore inmensa de flores vermellizas. Tamén se abre o meu corazón. Da beira dos rios xurde o balbordo dos xaguares.Meu Capitán Camilo Torres, meu Capitán Fayad, meu Capitán Marulanda, vivos e mortos da grande dimensión do Val de Upar ao Cauca, afiade a vosa gadaña imortal, que os 'manzanillos' e o seu gringo valedor non fagan máis da terra aberta o seu filón de ouro e esmeraldas. A CIA, a Fundación Ford e Rockefeller, o Plan de Padriños, os Institutos lingüísticos de Verán, os Santos dos días Derradeiros
55
Nº 364