BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
arriba?. El indio, en su calidad de oprimido, fue el símbolo de esa lucha por la justicia, lucha que todavía no ha terminado.71
O encabezamento de tipo administrativo hai que aporllo ao veedor, pero o resto do relato, tamén en primeira persoa, corresponde ao personaxe anónimo que lle fornece a información ao funcionario encargado de velar pola seguridade da poboación indíxena. A predilección que sente Avilés de Taramancos pola composición circular ponse de novo de manifesto neste relato de máis de nove páxinas. Comeza coa descuberta na chaira do neno sobrevivente da masacre e remata co mesmo personaxe a camiñar senlleiro pola selva. A sátira recae sobre a figura de Baltasar Gaviria; o autor procura no seu retrato pór de relevo a representatividade social da oligarquía gobernante que emprende a expansión da agricultura extensiva nos Llanos Orientales:
Don Baltasar Gaviria, maxistrado, síndico e controlador das rendas, patricio da república, presidente do consello de administración do grande enxeño azucareiro, prócer de limpa liñaxe que dera héroes na contenda libertadora ?en las queseras de enmedio? e derradeiramente na guerra dos mil días; fora seu pai quen erguera a bandeira no porto de Leticia, Don Baltasar Gaviria ?baixara a los Llanos? no seu afán de ser pioneiro en algo, na vaidade de falar no corredor do Senado ou na tertulia do Hotel Rexina das novas terras por arar que darían á Patria unha dimensión que ata o de agora andaba desaproveitada, perdida na desidia do indio e do mestizo, esa xente cativa que o conquistador ?o seu devanceiro non debeu deixar nunca medrar,como non se deixa medrar a cizaña nos camallóns do trigo. (4950)
O narrador emparenta este personaxe directamente cos encomendeiros nos primeiros momentos da conquista. O seu discurso racista negador da humanidade do indio que se acha na base da práctica xenocida, está ao servicio dun progreso exclusivamente económico da clase dominante. A violencia que conduce ao exterminio da poboación indíxena tradúcese na usurpación do medio natural co que os naturais vivían en harmonía. Non está de máis advertir que a denuncia de Avilés non responde ao típico discurso filantrópico e humanitarista, senón que incide directamente na cuestión da terra, como corresponde a un intelectual netamente progresista, pois só desde o seu control lles cabe un futuro ás poboacións indíxenas de América.
Acrecéntase o gando. A facenda medra á beira do río podre de limo e augas quedas e vaise expandindo en arrozal florido. Ven máis patrón e veñen xornaleiros. Grandes queimas de roza para plantar algodoal, palmeiras africanas e os seus acio de aceite. Longas extensións que o indio ve medrar con espanto, mentres decae a caza. O río é represado, a danta en extinción e a terra onde nacía a mandioca é cada vez máis exigua e máis cercada. (48)
Polo que se refire aos elementos narrativos propiamente ditos, cómpre destacarmos como un indubitable acerto narrativo o ritmo lento que lle imprime á narración da fría vinganza homicida programada por D. Baltasar Gaviria para exterminar a comunidade
Nº 364 86