Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O lobo do deserto perdeu a túa voz, e a auga clara da túa man non apaga a saudade revertida. Todos os rumbos, todos os navíos levanme ao grande río a renacer: No ámbito do Cauca. (19)
A partir desta solución poética para o peche do poema introdutorio, non pode sorprender moito a elaboración dun texto como ?Na tumba de Ulises? de As torres no ar. Aceptando a deriva dantesca do mito de Ulises, segundo a cal o heroe da Odisea non ficara en Itaka, senón que se botara de novo ao mar en busca de novos coñecementos e experiencias, o poeta noiés desexaría ser o gavieiro na descuberta do novo continente87. 4.2.2. ?Elexía de Popaián? Datado o 30 de novembro de 1983 na edición privada de Cantos caucanos, con toda probabilidade debeu de ser o primeiro texto que escribiu Avilés ao concibir o poemario sobre Colombia. Trátase dunha exaltación da capital do departamento de El Cauca motivada pola desfeita que sufriu co terremoto do 31 de marzo de 1983, que ocasionou 250 mortos e 1.200 feridos. A zona máis afectada fora o centro colonial, onde se concentraban os edificios relixosos do século XVIII: ?La basílica principal, al venirse abajo, sepultó parte de las 500 personas que en esos momentos de la mañana del Jueves Santo asistían al primer oficio religioso del día?88. O presidente da República, Belisario Betancur, asistiu ao día seguinte ao sepelio das vítimas e manifestou que a cidade sería reconstruída ata recobrar o aspecto orixinal. Débese ter en conta que, na primeira edición de Cantos caucanos, a ?Elexía de Popaián? está ilustrada cun debuxo do propio Avilés que representa a fachada dunha igrexa colonial. O poema divídese en tres partes, pero cun marco compositivo común; nel descríbese en presente un muro branco dun edificio derrubado, sobre o que unha simbólica pomba se lamenta da destrución da cidade. Xa se deixa constancia da vontade de reconstruíla para que acadase a mesma beleza de cidade colonial, simbolizada en dúas imaxes ascensionais:
Onde agora se ergue o muro branco a ruina aínda viva, onde a pomba desamparada chora con voz humana o pranto e a salmodia do desastre, aquí alzarase a estructura perfeita do ar, a cidade de cal, feita como se fai o pan co corazón cantando. [...] E na parede única, na ruína aínda viva, o mundo sabe cánto lle debe para ser fermoso. (2123)
101
Nº 364