Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
larse na cidade de Cali, pois na desoladora carta a Salvador GarcíaBodaño do 28 de xaneiro de 1970 xa alude aos contactos con indios reducidores de cabezas:
Fun comerciante, domeador de cabalos, contrabandista. Teño cavado máis de coarenta hectáreas de terra americana, de Sol a Sol ate que (o) aceiro da eixada se fendera, e non houbo ceifa nen colleita que non fora queimada pola peste, pola xeada, polo destiño. Cacei tigres coas mans pra vender o pelexo ós gringos ricos, trafeguei con cabezas reducidas, fixen churros nas feiras, afiador, pirata.70
Nesta ocasión os compañeiros da viaxe ao interior da selva amazónica son Vicente Anzola e Nereo, o mesmo guía doutros relatos, aínda que non se ha de descartar que Avilés unificase nun único personaxe literario varias persoas reais. Antes de entrar en contacto cos indios aguarunas, describe con detalle o comportamento da anaconda e da súa estratexia para capturar becerros das facendas illadas. Sen embargo, a sorpresa que tiña o narrador reservada para o remate do texto era a revelación da identidade do cacique Pakaraíña cando lle axuda na captura dun caimán pola noite:
Caemos o Nereo e mais eu na ardentía da tarefa, e na noite pecha non había ninguén para acudir. Acaso a cercanía da morte fixo saír de min o noso berro máis íntimo ¡Botade unha man, carallo! A man que me agarrou era redonda e forte. Man de cacique mesmo. ¿E logo, ti de onde es? Escoitei a súa voz no medio escuro do río. Fiquei algo abraiado, mais con dúbidas. Nesa parte o contacto coa terra do Brasil pode dar unha lingua confusa. Unha lingua franca, digo eu. Pero non. Unha emoción estraña medrou no corazón. Xa na beira do río démonos unha aperta fonda. O cacique Pakaraíña é de Betanzos. Seu pai tiña unha taberna embaixo da ponte vella. Longa historia de liberdade persoal que me rogou non contar nunca. E gárdolle a palabra. (63)
3.11. ?INFORME E DATOS DO XENOCIDIO NA COMARCA DE PLANAS, NO ANO DE MIL NOVECENTOS E SESENTA E NOVE, CONFIRMADOS POLO VEEDOR DON PIOQUINTO GACHALÁ ENCARGADO DOS ASUNTOS INDÍXENAS DO DEPARTAMENTO DO META E NA XURISDICCIÓN DE VILLAVIVENCIO?. O compromiso de Avilés a prol dos indíxenas non soamente se manifesta nos relatos de tipo histórico. A denuncia das prácticas etnocidas da clase dominante de Colombia, que vai usurpando progresivamente o espacio asignado historicamente á poboación indíxena sobrevivente, faise explícita no relato que leva o extenso título precedente, coma se fose un documento administrativo. Convén precisarmos que, desde o punto de vista ideolóxico, este texto non pode ser illado dos relatos ambientados na época da conquista:
Como la conquista convirtió al indio en la clase oprimida ?declara o hisitoriador Liévano Aguirre, su defensa tuvo y ha tenido en la América española implicaciones que sobrepasan a los problemas típicos del ?indio puro?, de sus costumbres, su comportamiento económico y su folklore. En la llamada ?cuestión indigenista? se ha debatido en América, durante cuatro siglos, el régimen de justicia que debe presidir las relaciones entre los oprimidos y los opresores, los ricos y los pobres, los ?de abajo? y ?los de
85 Nº 364