BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Antofagasta a Porto Muntt, ou de Santiago ata a Mendoza arxentina, soamente por probar os viños da outra banda da serra, por ver a serra mesmo, por conversar longamente con calquera viandante que lle escitara os contos e os poemas ou que compartira con el o queixo, o congro afumado ou o chourizo do Cucuy, feito de porco e tartaruga. Home incríbel o vello Rokha, poeta amado de grandes poemas e cantos que anovaron os folgos da poesía e que non tivo a transcendencia de Neruda porque andaba perdido nun tren con un cartafol carcomesto, unha maleta de libros de revenda e viseira de ferroviario, cantando e catando as comidas de Chile, ata que, canso de tanta ignominia e golpe militar, agarrou a escopeta de dous canos e ficou deitado para sempre no último andén da terra austral. (pp.7980)
Como vemos, Avilés concede bastante relevo ao enfrontamento de Pablo de Rokha con Pablo Neruda, que se manifestou nos ensaios Neruda y yo (1955) e en Genio del pueblo (1960), onde o autor de Canto general, Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, aparece baixo a máscara de Casiano Basualto. Co pseudónimo de Ulises Fingal asina Avilés de Taramancos, no núm. 6 de Dorna (17V1983), a única composición centrada nun poeta latinoamericano: ?Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo da Rokha morto no exilio?. Esta homenaxe de Avilés presenta unha curiosa relación intertextual coa propia obra do poeta chileno, xa que 30 versos dos 59 de que consta non son outra cousa que unha tradución do comezo do poema ?Canto del macho anciano?, aparecido en 1961 no volume Acero de Invierno e caracterizado por Naín Nómez como un dos textos ?más personales y patéticos? da produción de De Rokha:
Este poema, especie de testamento poético del autor, reanuda como tema dominante la contradicción entre la angustia individual y la lucha social por un mundo mejor. Autocalificándose como 'macho anciano', el hablante asume la figura mítica de un ser que contempla su pasado en la etapa final de su vida. Esta automitificación establece relaciones intertextuales con los hablantes poéticos de los libros anteriores e intersubjetivas con el lector. La experiencia del hablante poético actúa por medio de imágenes de terror, angustia, soledad y dolor sobre el lector y lo hace compartir su temple de ánimo.106
O eco dalgunha imaxe do autor chileno tamén se detecta na propia creación de Avilés. Así, o seu versículo ?Unha inmensa egua sofre no medio do mar e derrúbase o sol? cómpre poñelo en relación necesariamente co que conclúe ?Canto del macho anciano?: ?adiós!... cae la noche herida en todo lo eterno por los balazos del sol decapitado que se derrumba gritando cielo abajo...?. Só a lectura asidua da poesía de Pablo de Rokha, probablemente a través da última antoloxía que preparou en vida, Mis grandes poemas, permite explicar a ousadía literaria que supón servirse de dous anacos dun poema do chileno como marco para a súa elexía, sen que, por outra parte, se resinta grandemente a unidade da composición. A dicir verdade, non abonda coa empatía co autor homenaxeado senón que fai falla dispoñer do dominio verbal adecuado para levar a cabo ese engaste. Obviamente, os recursos retóri
Nº 364
126