Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a cabalo e os cincuenta homes de a pé?, aos que seguía ?xente de guerra das tribus espalladas de Terra Adentro? (p.75). No texto de Avilés é o bispo Xohán de Ovalle o que pon sobre aviso a cidade de Popaián logo de fuxir con dous indios de Neiva, mentres que no relato en verso de Juan de Castellanos foron dous soldados españois que Oyón desterrara de La Plata no momento en que dera o golpe de man. Volven aparecer diverxencias igualmente no combate por Popaián, pois se o crego beneficiado de Tunja menciona ao capitán Diego Delgado como organizador e responsable militar da defensa da cidade, no relato de Avilés podemos ler: ?Conferíuselle ao oidor Montaño o mando da praza e dos seus baluartes? (p.76). O xuíz (oidor) visitador Juan de Montaño fora nomeado polo Consejo de Indias para residenciar os principais oidores da Real Audiencia de Santa Fe por non aplicaren as Leyes Nuevas, en connivencia cos encomendeiros, á fronte dos cales estaba o propio conquistador e licenciado Gonzalo Ximénez de Quesada. Montaño dirixiu desde Santa Fe unha expedición para someter as tropas rebeldes de Oyón, pero detivo a súa marcha en Ibagué ao coñecer a derrota do capitán revoltado. Así describe Avilés a sorte que lles coubo a Oyón e aos seus en Popaián:
O oidor Montaño, con cédula real para apresar e impor xustiza, asinou dar de vergallazos á xente castellana, condenar á escravitude aos indios prisioneiros e a Don Álvaro de Oyón a ser escuartizado por catro eguas na praza maior, para escarnio e contención doutras rebeldías. As catro partes do Imperador, carnizas fedorentas de tres días, púxose nos catro puntos cardinais do seu reino ilusorio para seren comestas polas tribus salvaxes, aínda non penetradas, que fixeron esmorga e foliada. (pp. 7677)
Nesta narración é sorprendente que, logo de narrar a insurrección de Álvaro de Oyón e describir ben a súa defensa dos intereses dos encomendeiros e da servidume dos indios fronte á autoridade real, sexa enxuizada como un antecedente das loitas da independencia de Latinoamérica: ?Foi a primeira voz. Tiveron que andar séculos para oír o seu eco? (p.77). Tanto esta rebelión armada de Álvaro de Oyón en Nuevo Reino de Granada como a protagonizada por Gonzalo Pizarro no Perú teñen máis de defensa radical polas armas dos intereses feudais dos antigos conquistadores que de precedente do movemento emancipador, malia ser o adversario común a coroa española. As insurreccións do século XVI están motivadas pola negativa a aceptar as melloras de condición de vida dos indios que contiñan as Leyes Nuevas. De feito, condo o bispo de Popaián en 1555 intentou aplicalas bateu coa oposición do oidor Francisco Briceño e do bispo de Santa Fe, que apoiaban os encomendeiros. 3.3. ?SERVOS DE DEUS E AMOS DE INDIOS? O dominio militar do Novo Mundo deu paso axiña á conquista espiritual, esta a cargo de varias ordes relixiosas: os franciscanos instálanse en Nuevo Reino de Granada xa en 1509. Na empresa de substituír as crenzas relixiosas da poboación indíxena, os españois víronse favorecidos, non só polo enorme desnivel das culturas que entraron en conflito,
69 Nº 364