BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Al Oyón y otros hicieron cuartos, Como culpados más en los escesos; Cuelgan catorce de ásperos espartos, Sin gastarse papel en los procesos; Manos y píes también cortaron hartos De los que consto ser menos aviesos; Y los otros a penas más lijeras, Azotes o destierros, y a galeras.53
No tratamento literario destes episodios bélicos Avilés de Taramancos tampouco non se axusta cabalmente á realidade histórica. Dá inicio á narración co parlamento que pronuncia en Neiva Álvaro de Oyón ao autoproclamarse emperador para reflectir en primeira persoa a ideoloxía dos insurrectos. Se ben queda de manifesto o resentimento contra a autoridade estatal dos encomendeiros que rexeitaban as Leyes Nuevas, dictadas en 1542 para acabar teoricamente coa escravitude indíxena, neste parágrafo ben se bota de ver como o escritor galego se afasta dos feitos reais:
Eu, Álvaro, Imperador polo voso mandado dos reinos do Sur, tendo aquí á miña dereita en representación da Sta. Igrexa Romana a frai Xohán de Ovalle, meu cativo, e á sinistra man a Sebastián Quinteiro, gobernador por min mesmo rubricado, que certifican a miña dignidade, dígovos e confirmo a rebeldía total contra El Rei e os seus lacaios que se aproveitaron do noso sufrimento, da nosa loita e desasosego, da nosa andadura de anos por vieiros inhóspitos de niguas e de feras, para acrecentar o seu caudal persoal e non dar en troques os títulos e encomendas que merecemos e gañamos polo noso ánimo e fortuna. (pp.7274)
Para o protagonista, a lexitimidade da insurrección contra a coroa vén dada polo mesmo papel que desempeñaron os caudillos militares na conquista, case á marxe do Estado:
¿Que dereito é o que me sostén, din os oidores reais doutro imperio lonxano? ?O aceiro da miña espada conquistou cada unha das puntas que me cinguen a fronte. Os penates que agora se debruzan diante de min foron domeados co fogo das miñas falconetas ?fundidas en prata como corresponde ao meu aquel, polo bruído dos arcabuces e a luzada mortal da espada dos meus capitáns, que son as ás que erguen o Imperio e que someteron aos Cambis, Ialcóns, Paeces e outros reinos que agora me obedecen e viven confiados á miña lei e ao meu ordenamento.(p.71)
Aínda que a relixión lle serve de coartada lexitimadora, non oculta que se movían basicamente polo afán de riquezas ao emprenderen as incursións contra dos indíxenas:
...da xente bravía, que non coñecendo o mandado de Noso Señor Xto. Fixéronnos a afrenta e non a vasalaxe que deberan, e polo que agora levan o xugo do meu poder e son súbditos fieles, amansados para o traballo e a laboura da facenda e para que os meus reinos expandan o vizo das súas riquezas, para que medre a nosa fortuna e asente o noso poderío na legalidade que se me confire neste acto e da que son unxido e posuidor. (p.72)
Ao día seguinte da proclamación da indepedencia, Álvaro de Oyón dirixe cara á cidade de Popaián ?aquel curto exército de alucinados?, formado tan só ?polos trinta de
Nº 364 68