POÉTICA E POESÍA DE CURROS ENRÍQUEZ (Claves para unha lectura de Air es da miña ter r a ) Arcadio LópezCasanova
Universitat de València
l. Curros e as poéticas do Rexurdimento O noso Rexurdimento cabe enmarcalo, na súa razón cronolóxica, entre o 1840 o pulo da xeración romántica dos precursores e 18901, un amplo banzo de medio século con datas emblemáticas como 1862 (Álbum de la Caridad) ou 1863 (Cantares gallegos), e logo, xa no cumio da plenitude, 1880 (Follas novas, Aires da miña terra), máis, no quinquenio de remate, e trala morte de Rosalía (1885), 1886 (Queixumes dos pinos), 1888 (O divino sainete) e 1890 (A musa das aldeas)2. Na súa razón de sentido, trátase dun complexo movemento que amosa dúas facianas de ben estreita implicación, a política que evoluciona do espírito provincial (Vicetto) ó rexionalismo (Brañas, 1889) e a cultural, ou proceso de constitución do galego como lingua de cultura e de restauración da nosa historia literaria3. Pois ben, todo ese movemento vai estar rexido por unha escritura i. e., relación entre formacións ideolóxicas e formas discursivas de signo socioantropolóxico, que ten os seus eixes na lingua, a Terra e mailo home, e que mesmo vai callar nas liñas do enxebrismo e do patrianismo4, ben vixentes ata que coa xeración da vangarda ou do 22 madurecen definitivamente os sinais da modernidade5. Certo como non podía ser doutro xeito que cada poeta dá singular formulación na súa obra a eses eixes da escritura dominante e caracterizadora do Rexurdimento. Tomando coma exemplo a Rosalía e Pondal, a cantora do Sar abre cos seus Cantares unha poética que ten a súa base nunha estilización idílica ben patente nas trece composicións sobre tipos e costumes coa que Galicia queda debuxada e fronte, téñase presente, ós destinatarios ?de fora? como locus amoenus, visión nela atemperada polos pulos íntimos e rememorativos, entrañables, dun xeito de vida familiar, o que a poeta sentiu na casa de Ortoño6. Pola contra, e noutro ben relevante canle lírico, o bergantiñán arrinca dunha poderosa estilización míticoheroica mercé á que o poeta el mesmo mitificado como bardo ergue, sobre o mitema do illo tempore, unha Galicia auroral, espacio sagrado de deuses e de heroes, mesmo para proxectar como exemplo este mundo, vivificado polos valores dunha concreta areté ou virtude (amor á Patria) e cun pobo educado na andreia
169 Nº 362