A ESTREA DE DON ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ COMO P AR T I C I P ANTE NOS XOGOS FLORAIS Concepción Delgado Corral
Eladio Rodríguez González, nado o 24 de xullo de 1864 en San Clodio, concello de Leiro da provincia de Ourense1, no seo dunha familia de labradores de boa posición, se, como afirmaba súa nai, non servía para o campo, demostrou ser un excelente home de letras non só polo seu traballo de filólogo senón tamén pola esmerada métrica dos seus versos, tendo unicamente estudios elementais. Establecido definitivamente na cidade da Coruña, onde desempeñará os traballos de funcionario municipal e xornalista, vai progresando no seu camiño de autodidacta que o conducirá a ser membro numerario da Real Academia Galega, exercer como secretario durante sete anos, sendo presidentes don Manuel Murguía, Martínez Salazar e Ponte Blanco para, finalmente, ser elexido presidente. A súa cultura maniféstase no Diccionario Enciclópedico gallegocastellano da súa autoría, obra que, ademais de demostrar que é un gran coñecedor do léxico galego, revélase como unha importante fonte de información sobre diversos aspectos de Galicia. Como poeta forma parte do que Carballo Calero denomina como ?epígonos?, autores nados entre 1860 e 1870 que continúan a obra dos tres grandes mestres do século XIX, Rosalía, Curros e Pondal, sen aportacións ou innovacións notables; Fernández del Riego sitúao no grupo de poetas de tránsito entre os dous séculos. O libro Folerpas, editado por Martínez Salazar en 1894 na Coruña, os doce poemas que en 1922 aparecen no número 9 da colección de novela mensual Céltiga de Ferrol, dirixida por Xaime Quintanilla, baixo o título de Raza e terra, e o libro Oracións Campesiñas, editado en 1927 na Imprenta Roel da mesma cidade2, confirman que a obra poética de Eladio Rodríguez González hai que lela e interpretala en canto signo dunha poesía entre romántica e realistacostumista que tivo unha alongada vida que demorou a evolución para formas poéticas novas; o non avance da sociedade galega plásmase tamén na literatura de tal maneira que a necesidade de cambio non aparece en moitos dos autores que aínda mistifican o ambiente cultural dos precursores. Non hai neste período innovacións importantes nin perspectivas estéticas novas pero tampouco hai espíritos reaccionarios nin, a pesar dos moitos lugares comúns, impera o mal gusto e, sen lugar a dúbidas, o nobre patriotismo destes autores prepara o compromiso coa literatura galega dos escritores do século XX que se afirmarán vixilantes no mesmo, abríndose ademais ás correntes estéticas europeas con novas ideas e sentimentos; por isto, non é este un período infecundo e aos autores debemos o tributo que o esforzo esixe, que é lelos e valoralos na xusta medida.
69
Nº 362