UN MISAL MEDIEVAL NA CORUÑA A Coruña RAG lat.1: lectura e significación litúrxica, cultural e política dun manuscrito Xesús Ferro Ruibal1
1 . D ESCRICIÓN DO CÓDICE 1.1. Localización O códice que agora sae á luz e que coñecemos como A Coruña RAG lat.1 (siglas de manuscrito latino nº1 do arquivo da Real Academia Galega, con sé na cidade da Coruña\) consérvase na caixa de pergamiños latinos desta institución. 1.2. Descrición externa Trátase dun bifolio en pergamiño de catro páxinas de texto litúrxico latino con música gregoriana. As medidas orixinais deste códice debían de ser 373 x 223 mm., sendo 255 x 139,5 mm. a caixa que prevé 30 liñas de escritura separadas entre elas 8,5 mm e que deixa unha marxe inferior de 59 mm, marxe lateral exterior de 62 mm. e interior é de 21,5 mm. Endebén, as medidas actuais deste códice son 314 mm x 223 mm., porque no momento de o converteren en carpeta para gardar cosida documentación do século XVI rabenáronlle na parte superior case dúas liñas de texto e maila marxe superior \(que, de ser igual á inferior, debeu supoñela ablación dunha tira duns 70mm.\). A marxe interior, como era habitual, é menor cá exterior. Ten notación musical sen pauta. O pergamiño está escrito polas dúas caras e con tres tintas: rubia para os títulos e letras iniciais, negra para a notación musical e outra entre acastañada e rosácea para o texto, facendo hoxe difícil a lectura nalgunhas zonas. O estado de conservación é aceptable, por máis que, ó reutilizalo como carpeta de documentos en papel, 1 ro estea moi manchado na súa parte central, léndose mellor 1 vo; e padezan numerosas manchas 2 ro e vo procedentes da humidade que absorbeu o papel descompoñendo un 70% da tinta deses documentos. Hai que consignar tamén a existencia de dous furos da couza, que son moito máis extensos nos documentos en papel, moito máis deteriorado e en boa parte ilexible con luz natural, aínda sendo ben máis moderno. Redactado con relativa austeridade, só destacan algunhas grandes iniciais en tinta rubia, que, como é habitual, nunca repiten formato na mesma páxina; pero carece de elementos secundarios como son a iluminación, a ornamentación ou aquelas grandes iniciais decoradas que caracterizan os códices ricos. De por parte, e a diferencia doutros
271 Nº 362