A Xaquín Lor e n z o
Sabes que non te gabo por obriga, meu mestre albar nunha Auria de negruras, bardo de castros, mámoas e seituras; de insculturas e lápidas espiga. Sabes por que che canto copla amiga, temoneiro de auroras e tenruras, ara de dornas, lápis de solturas, arracada de luz que tanto abriga. Lóuvote, bandoneón do Leboreiro, torre da Limia Baixa namorada, por seres ti campá da Nai do Viso, carro e fol de Cuevillas rebuldeiro, bandeirola de Risco, casa, rada, e manso embaixador do paraíso.
X. C. Gómez Alfaro A Guarda, xaneiro de 2004