XAQUÍN LORENZO, PRECURSOR DOS ESTUDOS DA ARQUITECTURA POPULAR GALEGA Manuel Caamaño Suárez
Xaquín Lorenzo Fernández (19071989), coñecido agarimosamente entre os amigos, dende a nenez, por Xocas, é unha personalidade senlleira da cultura galega a quen este ano 2004 elixiu a Real Academia Galega para honralo no Día das Letras Galegas e, como consecuencia, a Xunta de Galicia determinou que culturalmente fora o Ano Xaquín Lorenzo para homenaxear de xeito oficial a súa figura. Nacido en Ourense o 23 xuño de 1907, alí recibiu unha cumprida educación que, completada coas estadías polos veráns nas súas entrañables terras de FacósLobeira, foi creando nel a necesidade de estudar a cultura popular. Dicía ao respecto que ?Así funme pondo en contacto co campo de Galicia. E vía que ao chegar a Ourense para retomar os estudos, os rapaces da cidade descoñecían completamente o que era o campo; isto facíame reaccionar? (Entrevista de Roberto Benito Fernández en Faro de Ourense, 17V1984).
APUNTAMENTOS DA SÚA FORMACIÓN, VIDA E OBRA Desde idade moi temperá será asiduo colaborador do grupo Nós e amigo dos seus integrantes, principalmente de Cuevillas, Otero Predayo e Vicente Risco. Eles os tres foron os seus mestres que o inclinaron cara á investigación e xa, cando aínda só contaba con dezaoito anos (1925), ingresa como membro activo no Seminario de Estudos Galegos (SEG), no que permanecerá ata a desaparición del motivada pola guerra civil. Traballador infatigable, ao mesmo tempo que investiga e traballa como ensinante, actividade para a que tamén se sentía vocacionado e na que deixará unha fonda pegada entre os seus alumnos, participa en numerosas iniciativas culturais das que a de máis relevancia será a que conducirá á creación do seu anceiado Museo do Pobo Galego no ano 1977. Comprométese desde mozo nas fileiras do galeguismo, e nesa doutrina se manterá fiel ata a súa morte no 1989: ?O galeguismo foi o guieiro continuo do seu quefacer como cidadán e na vida social?, escribiu del o profesor ourensán Marcos Valcárcel (VALCÁRCEL, 2004, 74). A súa actividade investigadora, que tivo os momentos de máxima produción nas décadas dos 1940 e 1950, e na que, como era característico nos homes do SEG, foron varias as tenzas das ciencias sociais que mereceron a súa atención, entre as que salienta de forma significativa a que se refire aos estudos etnográficos polos que chegará a ser
9 Nº 365