BREVES CONSIDERACIÓNS ENCOL DA LINGUA Camilo José Cela
Señores académicos: Quixera que as miñas primeiras verbas foran expresión das dúas emocións que me embargan nistes intres: a miña gratitude, que é moi sincera e de boa lei, e a da vosa xenerosidade ao chamarme á vosa compaña. A noble e discreta e armoniosa forma en que o tendes feito, colma todos os meus mellores desexos e arelas e todas as miñas máis fundadas esperanzas de que Galicia, a terra no sentir de Celso Emilio Ferreiro ?máis fermosa e desgraciada do mundo?, teña escomenzado hoxe a atopar o seu histórico camiño. A vosa unanimidade, pouco importa que referida á miña pobre persoa pois o que agora conta é o síntoma e non a consecuencia, é a mellor mostra do vieiro de maturidade do noso vello e entrañable país. Moitas gracias, señores académicos. Cratilo, no Diálogo platónico ao que presta o seu nome, esconde a Heráclito entre os plegues da súa túnica. Por boca do seu interlocutor Hermóxenes fala Demócrito, o filósofo do cheo e do valdeiro, e cecais tamén Protágoras, o antixeómetra, que na súa impiedade chegou a soster que o home é a medida de todas as cousas: das que son, en coanto son, e das que non son, en coanto non son. A Cratilo preocupoulle o problema de lingua, iso que é tanto o que é como o que non é, e sobre a súa consideración esténdese en ameno parladoiro con Hermóxenes. Cratilo pensa que os nomes das cousas están naturalmente relacionados coas cousas. As cousas nacen ou créanse, ou descúbrense, ou invéntanse e na súa ánima habita, desde o orixen, o adecuado nome que as señala e distingue das demais. O significante semella querernos decir é noción prístina que nace do mesmo ovo de cada cousa; salvo nas razonables condicións que moven as etimoloxías, o can é can (en cada lingua antiga) desde o primeiro can e o amor é amor, asegún indicios, desde o primeiro amor. A linde paradóxica do pensamento de Cratilo, contrafigura de Heráclito, atóbase no machihembrado da inseparabilidade ou unidade dos contrarios, na armonía do oposto (o día e a noite) en movimento permanente e reafirmador da súa substancia as ver335 Nº 364