AS AVES LIBERTARIAS
Para Carmen e Claudio
Luz Pozo Garza
Sentimos a paixón da palabra poética de Avilés como transmitida en ondas de sentido e vibración harmónicos. Son ondas que se ordenan instintivamente en contrapunto ondas inesperadas sorpresivas. Son ondas creatrices de espectaculares contrastes de temperatura sempre emocional. Poesía de signo inaugural. Nova. Poesía tal do primeiro día. Poesía paradisíaca. Adámica. Edénica... Pura mensaxe para pedir o pan a mazá o amor para rexeitar a serpe e as sombras para combater o medo... (tal vez xa se albiscaba ó lonxe un algo escuro de alas mouras) Daquela xa nacera a herba verde e fresquísima pois tería chovido abondo nesta ría. E o Paraíso estaba no mapa de Noia. Aquí nas Rías Baixas de Galicia onde Deus quixo poñer os dedos e levantou a man e daquela xurdiu a Serra do Barbanza co monte de San Lois e o lugar de Taramancos de feliz recordación. E a palabra nova sería algo así como As moradías do vento onde un meniño vai dicindo o nome das cousas por primeira vez e anda no vento e chámalle ?o ar? e ás árbores chámalles ?vellos castiñeiros? e ?carballos? sen máis e ?sobreiras marelas? e ?bidueiros brancos? ?e bebe o cervo na auga silenzoso? ?E o merlo guinda zreixas na campía?... E todo neste Paraíso está aloumiñado polo vento: o seu señor. A súa potestade a que dorme nas pólas e comparte coas rulas e máis a cotovía o poderío alado esa entidade cósmica renovadora e caprichosa. Libertaria... ... e o rapaciño comparte e mesmo confabula cos avatares do vento primordial... E xa anda a intuír que tamén el un día como a xente do mar ha deixar de trabar con rosas as traíñas e ha querer sobordar horizontes como o pai como tantos e cumprirá o Destino. E ¿onde vas meu amor? E pasa o tempo e velaquí ó Antón sentado no mazadoiro o pé da soleira da porta a ollar coma nun filme a vida toda... porque as portas da Patria foron feitas para saír e magoar coa saudade lonxe canto máis lonxe mellor
215 Nº 364