APROXIMACIÓN Á NARRATIVA DE LUGRÍS FREIRE DENDE OS P ARATEXTOS Xabier Campos Villar
INTRODUCIÓN Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 ? A Coruña, 1940) autor que foi felizmente homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2006, amosou durante toda a vida a súa vocación narradora, aínda que o resultado final dese esforzo non sempre chegase a ser un texto narrativo. Así, parte importante dos seus poemas son fundamentalmente narrativos, sobre todo os que forman parte do seu primeiro libro, Soidades1, como é o caso do titulado ?A Patria?, un dos máis reproducidos do autor, e tamén outros que só publica na prensa e que son relatos en verso2. O conxunto da súa obra teatral foi mesmo valorada por Pillado3 como excesivamente narrativa porque os personaxes contaban a historia sobre o escenario, desbotando a posibilidade de actuar en escena. Tamén a súa oratoria se caracteriza pola inclusión dalgún relato ou parábola coa que ratificar os argumentos expostos, como podemos ver nos seguintes fragmentos do seu discurso máis coñecido, o mitin de Solidaridad Gallega pronuciado en Betanzos no 1907:
Ben sabedes que hai un paxaro ladrón, fero e forte, que se chama o bexato. Este paxaro anda sempre voando sobre das vosas chousas agardando o momento de atopar unha vítima. Cando un pito queda solo na eira ou no curro, o bexato baixa como unha centella e cómeo. Pero hai outro paxaro cativo, o gorrión, que cando se ve atacado chama piando polos demais gorriós para que lle vallan, e como os gorriós teñen irmandade e axúdanse, xúntanse e bótanse sobre do bexato e mátano. ¡Pois ben, mariñáns, xuntádevos todos contra dos bexatos da política que voan sobre dos vosos hórreos! [?] Unha vez un vello petrucio estaba enfermo de morte. Chamou ao rente do seu leito aos nove fillos que tiña, e díxolle ao máis pequeño que collera unha vara de bimbio e que a rompera. A vara rompeu facilmente. Despois díxolle ao fillo máis vello, que era forte e valente, que rompera as nove varas xuntas. Por moita forza que fixo non puido nin siquera doblalas. Entonces dixo o vello petrucio: ?Xa vedes, meus fillos, que unha vara sola é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre. Eu vou morrer axiña, e rógovos que teñades sempre irmandá para que vos defendades todos xuntos, para que os vosos enemigos non poidan facervos mal Seguide, pois asociándovos; xuntádevos contra dos vosos enemigos, e seredes fortes, e seredes libres, e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra quirida onde todos nacimos.?
Nas páxinas seguintes pretendemos contextualizar a produción narrativa de Manuel Lugrís Freire e describir os paratextos que envolven ese corpus porque consideramos que un estudo detallado das circunstancias nas que foi escrita e publicada a súa narrativa contribuirá a entendela mellor, afastándoa definitivamente dos tópicos que a crítica,
37 Nº 367