A L o r e n z o V a r ela no Día das Letras Galegas de 2005
Agora saberán de vez quen era o fillo do cubano, o desterrado, aquel noso arxentino namorado dese monte Cairón que desespera. Agora saberán que aquela antera honrada, nobre e tenra, aquel soldado do exército de Marx e Trotsky alado foi facho e temón, báculo e esfera. Comisario das albas solidario, trobador de titáns e de heroínas, laúde de saudades e ruínas, aquel barco ó garete temerario encallaría axiña e soña airoso con abrentes de amor en Monterroso.
X. C. Gómez Alfaro