?PREMÁTICAS Y DESAHOGOS?: P ALABRA CONTRA O DERRUBAMENTO Daniel Salgado
Os paquebotes que, en 1939, cruzaron o Atlántico cargados cos refuxiados da única España aceptábel ?a da II República?, transportaban asemade a intelixencia das esquerdas escapada do terror fascista. O éxodo provocado pola bota de Francisco Franco e a meirande parte do exército español arrastrou, tamén, a ansia rexeneracionista dos pobos da península Ibérica. A terra española, como quixo aquel filme de Joris Ivens con guión de Ernest Hemingway1, ficou no ermo. O preludio do asalto fascista a Europa constituíu unha paréntese na historia das nacións do actual Estado que aínda hoxe non remata de se pechar. AS ALFORXAS DO EXILIO A fractura intelectual que sucedeu ao holocausto de 1936 codificou durante décadas o campo das letras e das artes nas dúas ribeiras do océano. Se o horror, amplificado polo baleiro da posguerra, campou no sur da Europa Occidental, as alforxas das xentes desprazadas naqueles barcos da dignidade2 forneceron os seus países de acollida. O México esquerdista presidido polo xeneral Lázaro Cárdenas resultou a hospedaxe máis aberta para os refuxiados republicanos que, mirados ás veces de esguello por certos nativos con ansia patrimonialista3, se integraron na vida cultural do país. Precisamente a México aportou, a bordo do mítico buque Sinaia, o poeta Lorenzo Varela. E foi en México onde Varela, despois de entrar na redacción da revista Taller, dirixida por Octavio Paz, botou a andar a aventura de Romance. Tamén en México se enfrontou, coa lira como arma métrica escollida polo inimigo, a Juan José Domenchina4. E do México ao que chegara en 1939, da man de Antonio Sánchez Barbudo, a Buenos Aires, apenas dous anos logo. Durante o tempo de exilio anterior ao remate da Segunda Guerra Mundial, a actividade política e intelectual de Varela foi frenética. Cando Lorenzo Varela baixou do barco no que viaxaba dende México, no peirao recibírono Rafael Dieste, Carmen Muñoz, Arturo Cuadrado e Luís Seoane. De contado, e baixo o ímpeto dun Seoane que, ao longo da súa vida, non coñeceu o desalento, comezou o período máis vistosamente produtivo da traxectoria de Varela. Editoriais propias, coleccións en editoriais alleas, poemas ou un libro de poemas ?Torres de amor, 19425?, colaboracións nas publicacións centrais da institución literaria arxentina ?Sur? ou a primeira das tres revistas que Lorenzo Varela codirixiu en Buenos
49 Nº 366