PEDAGOXÍA DEMOCRÁTICA: A CAR TILLA CONSTITUCIONAL DE J. M. PAZ NOVOA (INTRODUCIÓN Á EDICIÓN FACSÍMILE DA OBRA) Xosé Ramón Barreiro Fernández e Xosé Luís Axeitos
1. J. M. PAZ NOVOA: PERFIL HUMANO DUN XURISTA DEMÓCRATA E REPUBLICANO A morte do académico don Francisco Ogando Vázquez privounos probablemente de ter hoxe nas nosas mans unha extensa e documentada biografía do xurista e profesor ourensán Juan Manuel Paz Novoa1. Á falta de tal obra dispoñemos dunha serie de aproximacións pioneiras coma as de Fernández Alonso2 e Couceiro Freijomil3, inspiradoras á súa vez do artigo correspondente na edición castelá da Enciclopedia Galega4. Tamén temos que salientar o artigo de Sebastián Martínez Risco5 no que destaca non soamente a súa faceta de xurista, legum interpres, senón tamén a de home comprometido coa realidade galega e coa súa problemática. Antes xa se tiña ocupado tamén de certos aspectos biográficos do ourensán, Anselmo López Morais, en 19606. O resumo que cómpre facer da análise da súa obra non pode esquecer dúas facetas esenciais que explican boa parte das súas inquedanzas sociais e mesmo literarias. Dunha banda, e desde unha posición política republicana e liberal, estivo comprometido nas loitas pola liberdade nun clima no que abondaban as condenas por motivos relixiosos e políticos. Unha boa proba desta actitude de loita polas liberdades e pola xustiza, foi a súa defensa de Curros Enríquez no xuízo que tivo lugar en Ourense no ano 18807. O escritor, acusado de facer escarnio dos dogmas da relixión católica, foi condenado en primeira instancia, no que se pode considerar un capítulo máis da persecución por motivos relixiosos. Detrás desta sentenza, emitida polo xuíz Manuel Mella Montenegro, pero á que non era allea a man do bispo Cesáreo Rodrigo, agáchase toda unha estratexia coercitiva por parte da Igrexa Católica. A presenza de Paz Novoa como defensor de Curros demostra a firmeza das súas conviccións no contexto social dunha cidade con gran dependencia do clero. Pero ademais da súa faceta como avogado, Paz Novoa destacou, tal como salienta Martínez Risco no artigo citado, como xurisconsulto. Neste eido temos que destacar o seu compromiso con Galicia por ter atendido, como teorizador e político, as peculiaridades da súa terra. Un bo exemplo desta actitude atopámolo nas súas contribucións ao Dereito Civil Galego é no estudo dos foros8, onde avogaba pola abolición destes. Pode o parágrafo
305 Nº 366