A T R A D I C I Ó N C O N Q U I S T ADA: PRESENZAS DE CHARLES BAUDELAIRE NA POÉTICA DE LORENZO VARELA José Ramón López García
(GEXELUniversitat Autònoma de Barcelona)
?En los poetas que amó, Garcilaso, Baudelaire, o Iglesia Alvariño entre muchos, se encuentran algunos de los secretos de su temperamento. Era caballeresco como el primero, hondo y misterioso como Baudelaire y su amor se volcaba en la naturaleza, en sus representaciones humildes, en las rosas, el trébol y las hierbas, como Iglesia Alvariño? [Díaz, 2004: 713]. Estas palabras, escritas por Luís Seoane o 14 de decembro de 1978 en carta a Isaac Díaz Pardo con ocasión da muerte de Lorenzo Varela, sinalan, con afecto e exactitude, un dos modelos fundamentais na traxectoria de Varela: Charles Baudelaire. A lectura da súa obra foi temperá, persistente e fiel no tempo. De feito, o primeiro autor a quen traduce e prologa Varela no exilio é Charles Baudelaire cando a principios de 1941 aparece na mexicana Taller, Trozos escogidos de los Diarios íntimos y de los Consejos a los jóvenes literatos. Na súa presentación, Varela destaca varios puntos centrais na traxectoria do poeta francés: a defensa e perseveranza no oficio de poeta como medio para resistir os embates de ?los compromisos que la realidad impone al espíritu? [Baudelaire, 1941: 79]; a loita ?entre el tiempo perdido y la voluntad de ganarlo? [80]; e toda unha serie de ámbitos temáticos que se organizan desde un exercicio analítico e lóxico do quefacer poético que anula as comprensións simplistas do romanticismo vulgar acerca do poeta e a poesía. Parecidos elementos son os que estruturan o prólogo que en 1943 escribe para unha nova selección baudelairiana ás Curiosidades estéticas, texto cardinal para entender a súa idea do exercicio da crítica. Preámbulo cuxo título, ?Actualidad de la Obra Crítica de Baudelaire?, declara outra das constantes da súa ensaística: que a obra de Baudelaire, coma a de calquera dos aspectos que tome do tempo pasado ou presente, non se trate dun simple modelo fixado na tradición senón dun modelo activo na súa actual circunstancia histórica, facendo válida e efectiva a tese de Malraux da tradición como un ámbito de conquista crítica e non de simple herdanza irreflexiva. Noutro lugar xa se explicaron as principais cuestións defendidas neste programático prólogo e o seu alcance ao interrelacionarse con outros modelos centrais da súa reflexión como Malraux, Gide, Neruda, Alberti o Cernuda1, polo que me interesa máis nesta ocasión determe noutras parcelas nas que Baudelaire se manifesta e diversifica as súas influencias. Convén recordar, non obstante, que nestas páxinas de 1943 Varela presenta a súa defensa do ?crítico creador? fronte ao profesoral, aquel cuxa crítica elabora unna visión da arte a partir dos elementos dinámicos que constitúen a identidade ??los de la propia experiencia, los del propio amor, los de la propia conciencia? [89]? o que supón o exercicio dunha visión moral da que se desprenden unhas obrigas concretas ineludibles se non se desexa romper o equilibrio entre ética e estética. No plano estético sobresae a reflexión sobre a necesidade dunha comprensión ampla do realismo, unha análise do concepto moderno do belo e unha incisiva revisión da tradición romántica. No plano
41
Nº 364