300
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
Naceu na vila de Boiro da ría de Arousa, no ano 1907. Cursou as carreiras de Dereito e de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Encetou daquela os seus vencellos coa laboría galeguizadora que andaban a realizalos homes da Xeración ?Nós?. Con outros compañeiros de Facultade, entre os que figuraban Filgueira valverde, Fermín Bouza Brey, Luís Tobío ou Magariños Negreira, participou na fundación do ?Seminario de Estudos Galegos? en 1923. Despois de se licenciar en Filosofía e Letras e de se doutorar en Dereito, gañou por oposición a Cátedra de Lingua e Literatura Españolas de Institutos de Segundo Ensino. Exerceu o profesorado no de Lugo. Máis tarde trasladouse a Lisboa, onde desempeñou a docencia como catedrático no Instituto de España. Foi encargado do curso de Literatura comparada hispanoportuguesa na Universidade de Lisboa. Posteriormente, estivo á fronte da Agregaduría Cultural da Embaixada Española en Portugal, cando era titular desta Claudio Sánchez Albornoz. Ó rematala Guerra Civil, na que participou como defensor da legalidade republicana, tivo que se exiliar. Residiu de primeiras en Francia. Pasou logo á Arxentina, onde dirixiu a Biblioteca Municipal de Pergamino. Tamén traballou con amado Alonso no Instituto de Filoloxía da Universidade de Buenos Aires. Américo Castro, do que fora discípulo no Centro de Estudios Históricos de Madrid, convidouno a traballar en medios universitarios norteamericanos. Nos Estados Unidos realizou Martínez López un importante labor cultural. Primeiro, como Pro
fesor visitante de Lingua e Literatura Española e Portuguesa en diversas Universidades. Despois, no desempeño da cátedra de Filoloxía da de Texas. Foi membro do Instituto de Estudios Medievais na de Wisconsin. Exerceu como Director do Departamento de Linguas Románicas na de Austin, ata a súa xubilación. De regreso en Galicia reincorporouse a diversas institucións. Como presidente, ó novo ?Seminario de Estudos Galegos?, ó Partido Galeguista renacido, á Fundación Castelao. Ingresou como membro numerario na ?Real Academia Galega?., cubrindo a vacante de Don Xulio Dávila Díaz, o 12 de xaneiro de 1976. O seu discurso de entrada versou sobre C o n t r i b u c i ó n n o r t e a m e r i c a n a a o e s t ud o d a c u l t u r a m e d i e v a l g a l e g a . Respondeu no nome da Corporación, Isidro Millán GonzálezPardo. Entre os moitos traballos da súa autoría, cóntanse: ?Introducción, notas e vocabulario da General Estoria, versión galega do século XIV?. ?Estudio sobre o poeta do Cancioneiro de Baena, Álvarez de Villasandino?. ?Adicións e rectificacións ao Diccionario críticoetimolóxico de Corominas?. ?A literatura galega no exilio?. Ensaios en inglés sobre poetas e escritores galegos. E diversos estudios en revistas e volumes colectivos. Ramón Martínez López, que finou en Santiago o 12 de novembro de 1989, foi unha das personalidades sobranceiras da súa xeración. Francisco Fernández del Riego