O NOSO BOLETÍN
Esta revista, co título Boletín da Real Academia Gallega*, foi o órgano oficial e científico da nosa institución desde o 20 de setembro de 1906 a decembro de 1980, data na que se publicou o nº 360. Hoxe, 20 anos despois, reanudámola súa publicación co título Boletín da Real Academia Galega, denominación, na actualidade, máis acorde coas características e as tarefas da nosa Corporación. Aínda así, somos consecuentes coa numeración iniciada no ano 1906, razón pola cal o presente volume é o nº 361. Trátase, no esencial, dun número monográfico sobra a inxente obra poligráfica de don Manuel Murguía, que foi o primeiro presidente da Academia (19061923) e un dos grandes estudiosos e concienciadores de Galicia. Non é este volume, xa composto en 1998 (data do septuaxésimo quinto cabodano), a única homenaxe que a Real Academia Galega vai tributar ó seu primeiro presidente, a principal, sen dúbida, a que terá lugar o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas que estará dedicado, por acordo da Academia, á venerable figura de don Manuel Murguía.
*
En realidade, os catro primeiros números denomináronse Boletín de la Academia Gallega. Xa aprobados os Estatutos polo Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, que foron publicados na G a c e t a d e M a d r i d (291906), a revista titulouse, desde o número 5 (2091906) Boletín de la Real Academia Gallega.