MANUEL MURGUÍA
301
XOSÉ LUÍS BUGALLAL MARCHESI
Naceu na Coruña o 18 se setembro de 1899. Cursou en Madrid os estudios de bacharelato e na Universidade de Santiago de Compostela os correspondentes á Facultade de Dereito. Nunca exerceu a avogacía pero si, brillantemente, o xornalismo e mesmo o relacionado cos deportes, no que utilizou como pseudónimo o topónimo helénico Maratón. Formou parte dos Consellos de Redacción dos xornais coruñeses El Orzán, El Ideal Gallego e da Hoja del Lunes, e colaborou a miúdo, entre outros, no Faro de Vigo e no ABC, de Madrid. Tamén nas revistas galegas Céltiga e Vida Galega viguesas ámbalas dúas. Foi autor da novela El coloso de Rande (1927), inspirada nos Xogos Olímpicos celebrados en Anveres no ano vinte, nos que interviñera a selección española de fútbol, dedicándollela novela ós once esforzados españoles que en la tarde del 28 de agosto de 1920 dieron un golpe de muerte a la E s p a ñ a d e p a n d e r e t a, vendo a tales futbolistas como consagradores de la furia española. Ingresou na Real Academia Galega como Membro Numerario o día 25 de xaneiro do 1951 coa lectura do discurso El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía, contestándolle en nome da Corporación o académico don Xosé Filgueira Valverde.
É autor Bugallal, entre outras, das seguintes publicacións: Un coruñés en el paisaje de la crítica nacional de arte: Benito Rodríguez Filloi (1950), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964), Isidoro Araujo de Lira: vocación y sacrificio de un periodista gallego u n i v e r s a l (1959), La pintura militar de Victor Morelli (1971). Deixando inédito C u e n t o d e c u e ntos y hitorias seguidos de otras historias y otros c u e n t o s. No 1971 foi premiado nos Juegos Florales de Oleiros e tamén co do VII Centenario de la Fundac i ó n d e l A y u n t a m i e n t o d e P u e n t e d e u m e. Así mesmo foi galardoado coa Encomienda de la Orden de Alfonso X El Sabio. Pertenceu asemade como membro numerario á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, e como correspondente á Real Academia de Bellas Artes S a n F e r n a n d o, e do Instituto Portugués de Arqueologia, Historia e Etnografia. No ano 1990 morre na Coruña Xosé Luís Bugallal Marchesi, dándose conta da triste nova na sesión ordinaria celebrada pola Real Academia Galega o día 25 de marzo daquel ano. Marino Dónega