MANUEL MURGUÍA
287
FRANCISCO VALES VILLAMARÍN
Naceu na cidade de Betanzos o 7 de maio do 1891. Cursou estudios de Maxisterio de primeiro ensino en Santiago de Compostela, concedéndoselle o premio extraordinario por unha memoria sobre excursións escolares. Ingresou no ensino oficial por oposición libre. Foi pensionado por R.O. de 13 de febreiro de 1922 para asistir a un cursiño de ampliación e perfeccionamento celebrado en Madrid no mes de marzo do devandito ano. Foi director das Colonias Escolares coruñesas, creadas polo Museo Pedagóxico Nacional. Iniciou e fundou o Museo Pedagóxico Rexional establecido na Coruña, que foi autorizado por R.O. de 8 de outubro de 1926 desempeñando na institución os cargos de secretario e bibliotecario. Como investigador levou a cabo pescudas nos Arquivos Nacionais de Valladolid e Simancas, pensionado pola Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos. Tamén foi designado pola Dirección Xeral de Ensino Superior e Medio vocal da Sección Provincial de Selección e Protección para o Ensino Medio. Foi director doAnuario Brigantino, Revista de Historia de las Artes y Etnografía. Foi tamén vocal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos, e cronista oficial da cidade de Betanzos; membro do Patronato do Museo Provincial de Belas Artes, numerario da Real Academia de Belas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña; membro honorario de The International Research Institute dos EE.UU., membro de número do Instituto de Estudios del Sur de España e correspondente da Real Academia de la Historia, de Madrid; da Sociedade Martín Sarmento, Guimarães (Portugal), da Academia de Genealogía y Heráldica Mota Padilla, de
México; del Istituto Internazionale pero lo Studio e lo Sviluppo della Relazione Umane, de Italia; de la Real Academia HispanoAmericana de Cádiz, do Centro de Historia del Estado Falcón, de Venezuela; e da Academia de San Romualdo de Ciencias, Letras y Artes de San Fernando (Cádiz). Foi condecorado coa Encomenda de Alfonso X el Sabio e distinguido coa Medalla de Prata da Cidade de Betanzos e da do Mérito no Traballo outorgada polo goberno español. Tamén foi distinguido co premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa. En sesión celebrada pola Real Academia Galega no Paraninfo da Universidade de Santiago o día 27 de xullo de 1941 ingresou como membro numerario desta institución, ocupando a vacante que deixara polo seu pasamento D. Alejando Barreiro Noya, e veu obstentando a súa secretaría desde o 17 de abril de 1949 ata o día da súa morte. Foi Vales o fundador do Anuario Brigantino no ano 1949 e publica nel un importante traballo sobre o sepulcro de Fernán Pérez . Pero Vales Villamarín non só estivo atento ós estudios históricos, arqueolóxicos e pedagóxicos, senón que tamén reparou no campo da poética escribindo libros como Estampas betanceiras, sonetos de carácter costumista e ¡Ollo con esa p é c o r a !, premida coa flor natural nos Xogos Florais celebrados en Lugo no 1923. Así pois, logo dunha longa e fecunda vida D. Francisco Vales Villamarín morre o día 26 de agosto do 1982, constituíndo o seu enterramento unha masiva manifestación de pésame. Marino Dónega Rozas