MANUEL MURGUÍA
307
UXÍO TORRE ENCISO
Naceu este ilustre científico na cidade da Coruña o 12XI1908. Estudiou na Universidade de Santiago Ciencias Químicas e Farmacia onde obtivo a licenciatura. No ano 1940, e mediante oposición, obtivo a cátedra de Ciencias Naturais do Instituto ?Eusebio da Guarda? da Coruña. Foi un estreito colaborador de Parga Pondal e membro do equipo investigador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Ingresou na Real Academia Galega, apadriñado polo eminente científico D. Isidro Parga Pondal, o 24X1970, lendo o discurso Avances no coñecemento da Xeomorfoloxía de Galic i a cheo de importantes novidades sobre a materia. A obra científica de Torre Enciso abriu novos camiños á ciencia investigando o proceso de alteración das rochas graníticas e facendo notables achegas ó coñecemento xeomorfolóxico do chan galego. Foi tamén o pioneiro en anuncialo papel da erosión fluvial na formación do relevo somerxido das rías galegas. Así mesmo foi o primeiro que investigou os restos fósiles do Cuaternario de Galicia: dous molares de mamut aparecidos nunha
canteira de Buxán, na provincia de Lugo. A súa obra aparece dispersa en numerosas revistas, destacando as seguintes investigacións: Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológicotectón i c a (1953); C o n t r i b u c i ó n a l c o n o c i m i e n t o m o rfológico y tectónico de la ría de La Coruña (1954); Estado actual del conocimiento de las rías gallegas (1958); Hallazgo de los molares de Mamut en una cantera de Buján, prov. de Lugo (1962). O recoñecemento público de investigación do profesor Torre Enciso explica a serie de galardóns e premios obtidos en vida. Ademais de ser membro numerario da Real Academia Galega, foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural; da Real Sociedad Española Xeográfica; numerario da Academia Galega de Ciencias; numerario e membro fundador do Instituto ?Xosé Cornide? da Coruña. Morreu na Coruña o 18VI1994, ós 86 anos de idade. Xosé Ramón Barreiro Fernández