LOS PRECURSORES (1885): NOTAS DE LECTURA
Por XESÚS ALONSO MONTERO
Fun, de estudiante, lector entusiasta dalgúns dos dez capítulos de que consta o famoso libro de don Manuel Murguía, do que eu gocei na edición bonaerense feita por Luís Seoane no ano 19401. Volvín ó libro, a partes do libro, en varias ocasións, se ben como lector un pouco menos entusiasta, un pouco máis crítico. Agora, outubro de 1998, fago unha nova lectura na que, como sospeitaba, as controversias non escasearon. Confeso, sen embargo, que a prosa de Murguía, nalgunhas páxinas, aínda me gusta, aínda me deleita, incluso aquelas en que o autor era, no mesmo seu tempo, un prosista moi decimonónico. O libro de Murguía, que se beneficia dun título, sen dúbida, moi suxestivo, Los pre c u r s o re s, causa confusión ou desconcerto, precisamente polo título, nos estudiosos da Reinaxença galega e do galeguismo. Porque o contido do libro desconcerta. O mesmo Murguía, como teremos ocasión de ver, foi consciente da problematicidade do título. Libro tan citado, moitas veces mal citado, hai tempo que reclama unha reflexión para situalo na biografía intelectual do seu autor e, sobre todo, para definilo. 1. LOS PRECURSORES: EDICIÓN, TÍTULO E CONTIDO Foi o primeiro volume que publicou a Biblioteca Gallega, colección moi importante na historia da consolidación do noso Rexurdimento literario2. A portada de Los pre c u r s o re s consigna o ano 1885, pero cónstanos que o libro saíu do prelo en xaneiro ou febreiro de 18863, ano que tamén se consigna na cuberta do volume. As súas páxinas foron publicadas antes en revista, dato no que cómpre reparar. Ademais do prólogo, Los pre c u r s o re s consta de dez capítulos, con estes títulos: Antolín Faraldo, Aurelio Aguirre, Leonardo Sánchez Deus, Félix Moreno Astray, Eduardo Pondal, Antonio Cendón, Rosalía Castro, Serafín Avendaño, Benito Vicetto e Ignotus. Se nos atemos ó que Murguía declara no limiar do libro (?el común deseo de la rehabilitación del país natal?, 11)4, está claro que,