308
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ENRIQUE VIDAL ABASCAL
A figura esvelta e elegante do Académico Vidal Abascal correspondía a unha gloria da ciencia galega. A súa obra Geometría integral sobre las superficies curvas, de 1952, levou o Premio Alfonso X do Consello Superior de Investigacións Científicas, e a do ano seguinte, F u n d a m e n t o s d e l a Geometría Integral mereceu o premio da Academia de las Ciencias de Madrid. No mesmo ano publicou Cálculo de órbitas de estrellas dobles visuales. Precisamente para o cálculo desas órbitas, tema da súa tese, acabou inventando o o r b íg r a f o, aparato que permite trazar no papel a curva que representa os ángulos de posición en función dos das distancias, respectando rigorosamente a lei das áreas. Foi o introductor dos estudios de Xeometría Diferencial na nosa Universidade, e en particular, os estudios sobre foliacións, que soubo irradiar a outras universidades españolas. Así, no 56 publicou a Introducción a la Geometría Diferencial. No 61, Problemas de Matemáticas. No 66, La nueva m a t e m á t i c a. No 67, C u r s o d e m a t e m á t i c a p a r a ingenieros, físicos y químicos. No 70, Cálculo infin i t e s i m a l. Que a matemática internacional denomine os espacios casefoliados como Espacios de Vidal ou que dous tipos das estructuras casehermíticas se coñezan como G1 e G2, onde o G é por g a l e g a s, revela o seu nivel científico e o amor a Galicia. Vidal Abascal practicou unha virtude esencial do galeguismo: erguelo rango da nosa terra facendo un traballo de alta calidade en Galicia e dende Galicia. Por iso organizou en 1963 en Santiago (antes ca en Madrid) o Primeiro Coloquio
Internacional de Matemáticas. Por iso impulsou e presidiu a Real Academia Galega de Ciencias. Por iso é autor de setenta e sete publicacións, dirixiu quince teses de doutoramento, trouxo sempre a Santiago os mellores matemáticos do mundo e predicou a eficacia multiplicadora do traballo en equipo: lembren que el repetía que Un e un non f a n d o u s , f a n o n c e: axioma que, formulado por un matemático, debe de ser certo. E a proba é que naceu o que se coñece como Escola de Xeometría Diferencial compostelá, á que se debe o 70% do que nese eido se fai en España. Isto é vivir en harmonía coa nosa paisaxe excepcional, co mellor da nosa historia, coa arte de Compostela. Vidal Abascal irradiou a súa ciencia a Institucións ou Congresos de Lausanne, Paris, Niza, Estrasburgo, Oberwolfach, Bruxelas, Edimburgo e Moscova; foi membro das máis prestixiosas Sociedades Matemáticas do mundo; e o Goberno de Francia concedeulle unha condecoración, que raras veces concede a científicos non franceses: O f f i c i e r d a n s l'Ordre des Palmes Académiques (1974). O doutor Vidal Abascal, eixe da Facultade de Matemáticas de Compostela, dende o ano 70 fixo patente a súa preocupación polos problemas da Universidade, á que consideraba formadora de homes novos. No ano 1971 ingresou nesta Academia, substituíndo o seu profesor D. Ramón M. Aller Ulloa, cun discurso sobre A crisis da Universidade Europea. No 72 publicou La ciencia y la Universidad socializada. Deu a lección inaugural do curso 7576 sobre I n f l u e n c i a d e a l g u n o s m a t emáticos y universitarios en el renacimiento cultural de Galicia. No 79 publicou a biografía do mate