335
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE COLABORACIÓNS
1.? O Boletín da Real Academia Galega está dedicado á publicación de traballos de investigación referidos a Galicia e á súa cultura, así coma a dar conta das actividades oficiais desta institución. 2.? O responsable comunicará a aceptación ou non dos traballos ós seus autores nun prazo de 30 días. 3.? Os traballos deberán ser inéditos e remitiranse á Real Academia Galega, Tabernas, 11, 15001, A Coruña. 4.? Os traballos entregaranse en disquete (preferiblemente e Microsoft WORD para PC), e en papel, dúas copias, impresas a dobre espacio e numeradas. 5.? A lingua de publicación é o galego. 6.? Os editores poderán efectuar correccións ortográficas, de puntuación ou de estilo, sempre e cando non afecten ó contido do traballo. 7.? Os autores non poderán facer cambios significativos do texto na corrección das probas de imprenta. 8.? Canda o traballo e nunha folla á parte deben figuralos datos do autor ou autores:nome, enderezo, correo electrónico, teléfono. 9.? O uso da cursiva debe evitarse na medida do posible, limitándose ós estranxeirismos de recente aparición e aquelas palabras ou sintagmas que se queren salientar ou que son obxecto de estudio no traballo. 10.? As notas a pé de páxina deben aparecer indicadas cun número superescrito. 11.? As citas textuais aparecerán entre comiñas no corpo do texto ou sen elas en parágrafo á parte, sangrado ou non, e en corpo menor. En ámbolos dous casos indicarase entre parénteses o apelido ou apelidos do autor, o ano de publicación da obra e, cando cumpra, as páxinas. (p.e: Autor 1967: 1234). 12.? As referencias bibliográficas aparecerán ó final do traballo do seguinte xeito: 12.1.? Para citar libros: APELIDOS, NOME (ano): Título do libro, Lugar, Editorial, nº edición. 12.2.? Para citar un artigo: APELIDOS, NOME (ano): ?Título do artigo?, in Nome Apelidos (ed., coord., etc.): Obra en que se atopa o artigo, Lugar, Editorial, nº edición, páxinas. 12.3.? Para citar un artigo incluído unha revista: APELIDOS, NOME (ano): ?Título do artigo?, Nome da revista, número, páxinas.