310
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
XOSÉ TRAPERO PARDO
Don Xosé Trapero nacera, de pai segoviano e nai castelá, na Terra Cha, na vila de Castro Ribeiras de Lea, en 1900. Falece en Lugo en 1995. Neste dilatado espacio vital, a súa actividade prodixiosa permítelle levar a termo un amplo labor xornalístico que dá comezo en Mondoñedo en 1925 como xefe de redacción e director dos semanarios Justicia y Renovación Social. En 1930 funda o xornal Vallibria, de amplo criterio, que foi a canle doada para escritores entón moi novos. Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, pero recoñecidos como moi prometedores. Colaboraron tamén Noriega Varela, xa poeta famoso; Aquilino Iglesia Alvariño, José Díaz Jácome, Francisco Leal Insua e outros... . Trapero Pardo pasa adolescencia e xuventude no Seminario de Mondoñedo. Estudia con excelente aplicación desde os catorce anos ata rematalos estudios eclesiásticos, pero non quixo ordenarse de sacerdote. Foi moi apreciado naquel recollido ámbito. Sábese que perante o curso 192425 vivía no Palacio Episcopal e que, no seu tempo, rexeitou a proposta de finalizar en Roma a carreira eclesiástica, que xa non pensaba exercer. Hai tamén un dato curioso: foi mestre de Latín de Cunqueiro, do que exalta o enxeño e a memoria prodixiosa capaz de memorizar un longo texto latino denantes do seu significado. A súa dedicación ó xornalismo en Mondoñedo e Lugo foi intensísima, sen impedimento para abordar novas experiencias informativas: radio, televisión. Foi atraído incansablemente cara a tódolos eidos da cultura: poesía, Lóstregos e moxen a s. Unha lenda histórica: O Mariscal Pardo de Cela, El Santuario de los Remedios, P i n t u r a m u r a l
g a l l e g a, Estudio y notas sobre ?El Caballero de las botas azules?, de Rosalía de Castro. Teatro: ?Non chores, Sabeliña?. Diversos traballos sobre Lugo e a súa provincia: arqueoloxía, arte, turismo, etc... A súa actividade foi imparable. Dirixiu os xornais: La Voz de la Verdad; El P r o g r e s o, de Lugo; El Heraldo de Vivero o Boletín del Ayuntamiento de Lugo; a revista Lucus,... Foi cofundador e presidente da Asociación Provincial de Amigos de los Castillos. Foi cronista oficial e desempeñou outros moitos cargos directivos. Pero a creación do personaxe P e l ú d e z foi o que lle proporciona a Trapero Pardo a meirande sona. Pelúdez, paisano de paradisíaca incultura, participa como protagonista na algarexada das Festas de San Froilán en Lugo. Despois aparece en libro: Pelúdez dixo. Este personaxe, co seu humor retranqueiro e pailoco, entra de cheo na audiencia popular e na conciencia enxebre que o idealiza. A el se dirixe o poeta Manuel María nun soneto que comeza: Meu querido PELÚDEZ, bon amigo luguesa frol de monte e de lameiro freixo frondoso, nobre castiñeiro, mistura de bon millo e de pantrigo... Foron proverbiais o compañeirismo e a xenerosidade de Xosé Trapero Pardo. Son estes, datos tirados do meu Discurso Académico Diálogos con Rosalía, 1996, xa que na miña obrigada ?Lembranza? evocaba con agarimo a don Xosé Trapero como o meu predecesor na cadeira da Letra U da Real Academia Galega. Luz Pozo Garza