MANUEL MURGUÍA
291
MANUEL CHAMOSO LAMAS
Aínda que nacera en La Habana o 17V1909, residiu en Galicia desde os 4 anos. Estudiou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e licenciouse en Filosofía e Letras e en Dereito na Universidade de Madrid, despois de cursar varios anos na Universidade de Santiago. No ano 1933, en plena República, doutorouse en Filosofía e Letras en Madrid, exercendo como profesor do Instituto de Nebrija. Ocupado Madrid polas tropas do xeneral Franco, foi destinado a prestar servicios na sección de Recuperación Artística. Iso explica a súa posterior vocación á defensa e rehabilitación do patrimonio artístico. En 1940 foi destinado como comisario da terceira zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional e no ano 1946 pasou a ocupala xefatura da primeira zona que comprendía Galicia, Asturias, León e Zamora. En 1967 gañou as oposicións á dirección do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Pertenceu como asesor, ou membro, de diversas institucións galegas (Conselleiro Provincial do Patrimonio Artístico e Cultural da Coruña; á Real Academia de Belas Artes ?Nosa Señora do Rosario?, da Coruña, da que foi Presidente; ó Instituto ?José Cornide? da Coruña), nacionais (Asesor Nacional do Patrimonio Artístico; correspondente
da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando) e estranxeiras (membro da Société Nationale des Antiquaires de France; do Instituto Arqueolóxico Alemán, etc.). Ingresou na Real Academia Galega o 26V1956 coa lectura do discurso Valores históricos y estéticos que intervienen en la formación del Arte R o m á n i c o, respondéndolle en nome da Academia D. Ramón Otero Pedrayo. É autor dunha copiosa obra da que queremos salientalos seguintes títulos: La arquitectura barroca en Galicia, Madrid 1955; El Monasterio de M o n t e d e r r a m o, Madrid 1947; Mateo de Prado, Madrid 1956; Juan Bautista Celma, Madrid 1956; La Escultura Funeraria en Santiago de Compostel a, Madrid 1964. Como Comisario do Patrimonio Artístico de Galicia, realizou innumerables restauracións de igrexas, mosteiros e edificios institucionais. As escavacións realizadas na Catedral compostelá nos anos 195558, foron recollidas en varios artigos publicados na Revista Compostellanum. Así mesmo foi o comisario dunha importante exposición sobre a arte románica en Santiago no ano 1961. Morreu na Coruña o 25V1985. Xosé Ramón Barreiro Fernández