290
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Leu o seu discurso de ingreso o día 28 de novembro de 1964 titulado C a n t a r e s e r o m a n c e s vellos prosificados, e respóndelle en nome da Academia Fermín Bouza Brey. Ocupou a vacante deixada por Aquilino Iglesia Alvariño. Fora designado membro correspondente o 17 de abril de 1949. O labor de Xosé María Álvarez Blázquez foi moi diverso, abranguendo tenzas moi distintas da nosa cultura, dende a creación literaria á investigación, dende a súa actividade como libreiro e editor á de conferenciante e profesor. E mesmo a súa obra literaria, en galego e en castelán, é tamén diversa e rica, e comprende xéneros tan diferentes como a novela (Crecen las a g u a s, Las estatuas no hablan, En el pueblo hay c a r a s n u e v a s), a poesía (Abril, Poemas de ti e de m i n, Roseira do teu mencer, Cancioeiro de Monfer o, R o m a n c e d o p e s c a d o r p e l e r i ñ o, C a n l e s e g r ed o), e mesmo o teatro (El zapato de cristal, Los pazos altivos). Notable investigador, a súa curiosidade levouno a escudrumar en eidos tan dispares como os trobadores e a súa lírica (E s c o l m a d a p o e s í a g a l e g a, II, Martín Códax, etc.), a literatura
popular ou a erudición literaria, ocupándose tamén de estudios etnográficos e históricos (R o m e r í a s G a l l e g a s, I n d u s t r i a p a l e o l í t i c a d e l a c o m a r c a d e T u i, O vencello espritoal dos fisterres a t l á n t i c o s, etc.), sen esquecelo seu labor como cronista oficial da cidade de Vigo e o seu libro La c i u d a d y l o s d í a s. Dirixe con Álvaro Cunqueiro o libro colectivo, que inclúe varios traballos seus, ?Vigo en su historia?. Participa en diversos congresos históricos e etnográficos en Braga, Santo Tirso, Matosiños, etc. Como libreiro e editor foi ben coñecido en Galicia, pola librería ?Monterrey?, logo editorial tamén, na que se editarían os dous libros de Gonzalo R. Mourullo, Nasce un árbore e Memorias de Tains, e funda en 1964 a editorial ?Edicións Castrelos?. Foi profesor de Formación Humanística no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo. Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui o 4 de febreiro de 1915 e faleceu en Vigo o 2 de marzo de 1985. Xosé Luís Franco Grande