Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
N O R M A S P ARA A PRESENT A C I Ó N DE COLABORACIÓNS
1. O Boletín da Real Academia Galega está dedicado á publicación de traballos de investigación referidos a Galicia e á súa cultura, así como a dar conta das actividades oficiais desta institución. O responsable comunicará a aceptación ou non dos traballos ós seus autores nun prazo de 30 días. Os traballos deberán ser inéditos e remitiranse á Real Academia Galega, Tabernas 11, 15001 A Coruña. Os traballos entregaranse en disquete (preferiblemente en Microsoft WORD para PC), e en papel, dúas copias, impresas a dobre espacio e numeradas. A lingua de publicación é o galego. Os editores poderán efectuar correccións ortográficas, de puntuación ou de estilo, sempre e cando non afecten ó contido do traballo. Os autores non poderán facer cambios significativos do texto na corrección das probas de imprenta. Canda o traballo e nunha folla á parte deberán figuralos datos do autor ou autores: nome, enderezo, correo electrónico, teléfono. O uso da cursiva debe evitarse na medida do posible, limitándose ós estranxeirismos de recente aparición e aquelas palabras ou sintagmas que se queren salientar ou que son obxecto de estudio no traballo. As notas a pé de páxina deben aparecer indicadas cun número superescrito. As citas textuais aparecerán entre comiñas no corpo do texto ou sen elas en parágrafo á parte, sangrado ou non, e en corpo menor. En ámbolos dous casos indicarase entre parénteses o apelido ou apelidos do autor, o ano de publicación da obra e, cando cumpra, as páxinas (p. e.: Autor 1967: 1234). As referencias bibliográficas aparecerán ó final do traballo do seguinte xeito: Para citar libros: APELIDOS, Nome (ano): Título do libro, Lugar, Editorial, nº edición. Para citar un artigo: APELIDOS, Nome (ano): ?Título do artigo?, in Nome Apelidos (ed., coord., etc.): Obra na que se atopa o artigo, Lugar, Editorial, nº edición, páxinas. Para citar un artigo incluído nunha revista: APELIDOS, Nome (ano): ?Titulo do artigo?, Nome da revista, número, páxinas.
2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
10. 11.
12. 12.1 12.2
12.3
377
Nº 363