Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
CRÓNICA DA ACADEMIA
XUNTAS CELEBRADAS Durante o ano 2001 o Pleno da Real Academia Galega reuniuse en Xunta ordinaria ou extraordinaria nas seguintes datas: ? Xunta ordinaria: 13 de xaneiro. ? Xunta ordinaria: 17 de marzo. ? Xunta extraordinaria e pública: 17 de maio (Día das Letras Galegas). ? Xunta ordinaria: 2 de xuño. ? Xunta extraordinaria: 28 de xullo. ? Xunta ordinaria: 8 de setembro. ? Xunta extraordinaria e pública: 27 de outubro (Ingreso de Dª. Xohana Torres Fernández). ? Xunta ordinaria: 17 de novembro. ? Xunta extraordinaria e pública: 17 de novembro (Ingreso de D. Xosé Neira Vilas). ? Xunta extraordinaria: 20 de decembro. INGRESO DE ACADÉMICOS Numerarios ? Dª. Xohana Torres Fernández. En substitución de D. Aquilino Iglesia Alvariño. Data de ingreso: 27 de outubro do 2001. Título do discurso: Eu tamén navegar. Resposta de Salvador GarcíaBodaño Zunzunegui. ? D. Xosé Neira Vilas En substitución de D. Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas). Data de ingreso: 17 de novembro do 2001. Título do discurso: A cultura galega en Buenos Aires 19501960. Resposta de D. Xesús Alonso Montero. Electos ? Dª. Rosario Álvarez Blanco foi elixida académica numeraria o 2 de xuño do 2001. En substitución de D. Antonio Iglesias Vilarelle. ? D. Francisco DíazFierros Viqueira foi elixido académico numerario o 17 de novembro do 2001. En substitución de D. Manuel Gómez Román. Correspondentes ? D. David Makenzie. Ingreso: 17 de novembro de 2001. ? D. Xabier Carro Rosende. Ingreso: 17 de novembro de 2001. ? D. Fernando LópezAcuña López. Ingreso: 17 de novembro de 2001.
361 Nº 363