Ó PADRE SARMIENTO Vilafranca do Bierzo foi o berce daquel Pedro José, pero a substancia esstá na Pontevedra azul da infancia onde a nai é fogueira e alicerce. Salamanca, León, Madrid, Oviedo, celas de albo ascetismo e de constancia, souberon das lucenzas e fragancia do almo frade do Lérez tan inquedo. Non houbo abandeirado máis preclaro, nin Marcos da Portela máis preciso, nin vate da foresta máis puxante. Copleiro fiel da matria nosa e faro, non sei se se achará no paraíso adaíl da linguaxe máis amante.
X. C. Gómez Alfaro
5
Nº 363