Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
P R O P O S T AS DA REAL ACADEMIA GALEGA Ó GOBERNO E M A I S Ó P ARLAMENTO DE GALICIA
Aprobadas na sesión do 8 de setembro do 2001
Excelentísimos Señores representantes do Pobo galego A situación da lingua galega debe ser obxecto de especial atención nun programa de Goberno, porque a lingua é o elemento esencial que xustifica a existencia da propia nacionalidade histórica. Por iso, esta Real Academia Galega quere lembrarlles algunhas urxencias que a lingua presenta a aquelas persoas que aspiran a asumila máxima responsabilidade de goberno en Galicia. Non é obxecto deste breve comunicado un pormenorizado estudio da situación, dado que os propios partidos teñen no seu seo sociolingüistas que están capacitados para facelo, senón só sinalar algunhas necesidades inaprazables. Esta Academia empeza por recoñecer que, maiormente dende que Galicia ten autonomía, a lingua galega deu un salto moi importante na súa presencia pública, no acceso a ámbitos e funcións que había séculos que perdera ou nos que nunca estivera, na difusión dun estándar dentro e fóra de Galicia, na multiplicación de publicacións, na extensión do seu estudio e consecuentemente no prestixio social e na aceptación por parte de sectores sociais que antes lle eran indiferentes ou hostís. Ben mirado, a normalización da lingua galega era unha innovación moi profunda dos usos atávicos en Galicia e os sucesivos Gobernos galegos tiveron un traballo non sempre doado nin sempre aplaudido. A Academia recoñece a dificultade, os éxitos e as sombras. En calquera caso agradece o traballo a tódolos servidores públicos que, dende o goberno ou dende a oposición, traballaron por faceren máis suave e máis eficaz esta innovación de normalizala lingua galega. Na seguridade de que a todos nos anima o sentimento sincero de garantirlle á nosa lingua as mil primaveras que soñou Cunqueiro, esta Academia quere enfocar algúns problemas que están pexando innecesariamente o avance. Medios de comunicación públicos (CRTVG, TVE, RNE) O prestixio de que gozan os medios de comunicación nesta sociedade prestixia a lingua na que transmiten. Algúns dos máis arraizados prexuízos lingüísticos esfareláronse nestes anos nos que a sociedade galega, afeita a vivir en diglosia, puido ver que de todo se podía falar e se falaba en galego. E, vendo que en galego se falaba de medicina, economía, filosofía, deportes ou se dicía a misa, era doado mentalizar que en galego se podía facer todo iso, aínda que nunca tal se vira. A CRTVG foi posiblemente o máis eficaz ins367 Nº 363