PRESENT A C I Ó N
presente número, o 363 do noso Boletín, está dedicado, en boa parte, ó estudio da vida e da obra do P. Sarmiento, personalidade literaria e científica que protagonizou o Día das Letras Galegas do ano 2002. Os estudios sarmentianos ofrecémolos en dous capítulos. Figuran no primeiro os traballos escritos ?ad hoc? para este número do Boletín, e figuran no segundo as alocucións proferidas por cinco académicos numerarios no Día das Letras Galegas, xa no acto de Pontevedra (17 de maio), xa no acto de Vilafranca do Bierzo (18 de maio). Ábrese o primeiro capítulo cun soneto do poeta Xosé C. Gómez Alfaro. Cómpre aclarar que o traballo de Xosé Luís Pensado Tomé, o eminente estudioso de Sarmiento, é un inédito que nos proporcionou a familia, feito que a Academia (da que o profesor Pensado foi membro de honra) agradece moi vivamente. No terceiro capítulo deste Boletín acollemos traballos que a Academia está interesada en publicar por tratarse de estudios ou de exhumación de textos ós que a nosa institución non debe estar allea. Como é norma no Boletín, que é o órgano oficial da institución, dedicamos as páxinas pertinentes ós distintos apartados da Vida Oficial da Academia.
O