O NOME E A OBRA DO P A D R E S A R M I E N T O N O F R A N Q U I S M O Xesús Alonso Montero
1. Algunhas singularidades de Frei Martín Sarmiento Na España da Ilustración, poucas persoas máis versadas que o Padre Sarmiento en tantos e tan distintos saberes. Polígrafo de tantas dimensións, sempre estivo lonxe, voluntariamente, do proscenio, que é o lugar para recibilos aplausos do público. Pero el, o sabio Sarmiento, que escribiu miles de pregos, non quixo publicalos, non os fixo públicos. Morreu, en 1772, case inédito, pero, entre moitos eruditos, con auréola de sabio, de ?Salomón gallego?, como reza un poema de 17731. Só nunha ocasión este erudito alleo a calquera vaidade literaria, este sabio obstinado en escribir para si ou para algún amigo moi especial, publica un libro, pero fíxoo para arrepoñerse, publicamente, a unha inxustiza, ós ataques de que era obxecto a obra intelectual do Padre Feijoo, de quen era, ademais de confrade, amigo e devoto admirador. Feijoo foi atacado, moitas veces, pola súa actitude intelectual, ortodoxa sempre, posta ó servicio das luces, é dicir, contra non poucos escurantismos da época. Sarmiento, devoto da obra intelectual de Feijoo, decide, por unha vez na vida, doído de tantos ataques, non poucos inicuos, saír da austera cela benedictina, achegarse ó proscenio das Letras e publicar un libro, non en demanda de aplausos, si para facer xustiza. En efecto, no ano 1732, publica en Madrid, en dous volumes, a Demostración críticoapologética del Theatro Crítico Universal, obra de tanto éxito que, en vida de Sarmiento, foi editada tres veces máis. Sentía no cerne do seu espírito de tal xeito as impugnacións a Feijoo que el, pouco dado ás artes da poesía, chegou a publicar, nunha folla solta, un ?Soneto al impugnador del Theatro Crítico? (Madrid, 1749). Dentro das singularidades deste monstruum sapientiae, non foi a menor a de mantelos seus escritos, ano tras ano, na ineditez, condición, como vimos de ver, só desmentida cando houbo que defender intelectualmente a quen, gloria da súa orde e do seu país, lonxe de ser merecente de certos ataques, merecía gratitude e gabanzas. Hai outras singularidades, entre elas a de non admitir ?e menos solicitar? cargos de responsabilidade por importantes que fosen. Coñecida é a carta de 1755 na que adianta a súa renuncia a ser abade de Ripoll, tendo en conta ?aclara? ?mi genio totalmente adverso a ese género de dignidades y empleos?2. Preludia a actitude doutro sabio eclesiástico galego, tamén filólogo, Ángel Amor Ruibal, quen, invitado a ocupar unha cadeira episcopal, respondeu: ?Con las manos enguantadas no se puede escribir?3. Ó Padre Sarmiento todo o tempo lle era pouco para ler, escribir e investigar, fóra ou den9 Nº 363