O P E N S A M E N T O B I O L Ó X I C O D O P ADRE SARMIENTO Francisco DíazFierros Viqueira
Antecedentes A inxente obra de Sarmiento (uns oitenta títulos publicados e máis de douscentos cincuenta manuscritos, segundo Filgueira, X., 19941) contén, como é ben sabido, unha parte moi importante dedicada ás ciencias naturais e á medicina. Por outra banda, a sona lendaria da que gozou no seu tempo dependía en moi boa medida, segundo sinalan moitos dos seus biógrafos, das consultas e consellos que se lle facían sobre estes temas. Os estudiosos que trataron no seu conxunto a súa obra como López Peláez2, Pensado3, Filgueira4, etc., fixeron sempre fincapé nestes traballos, pero agás contadas excepcións, das que se falará, a penas se lle dedicaron estudios específicos. E aínda así, nos casos nos que se fixeron, o tratamento foi sobre todo descritivo, afondando pouco nas cuestións de encadre histórico na epistemoloxía e metodoloxía científica da época. De tódolos xeitos, e aínda que non son moi numerosos, houbo algúns traballos realizados sobre todo por científicos ou historiadores da ciencia que si intentaron analizar e valorarla obra de Sarmiento con estes criterios. Desde o campo da botánica, teríase que citalo traballo pioneiro, que publicou en 1862 Miguel Colmeiro5, director do Jardín Botánico de Madrid e primeiro presidente da Sociedade Española de Historia Natural, na Revista ?Galicia? sobre Fray Martín Sarmiento considerado como naturalista y particularmente como botánico onde analiza a súa posición diante da polémica entre os partidarios das sistemáticas de Tournefort e Linneo, así como as consecuencias dos seus estreitos vínculos cos botánicos Quer e Gómez Ortega. Despois dun breve apuntamento de Gómez Martínez, J. (1930)6 nun traballo sobre as Floras galegas e os de Puerto, F. J. (1988, 1992)7 8 no contexto duns estudios sobre a sanidade e a botánica do século XVIII, onde se fai referencia á obra de Sarmiento, tense en 1997, un interesante estudio de Izco9, sobre Fr. Martín Sarmiento: el proyecto de Flora gallega. Nel sinálanse os que poden considerarse como os tres eixes fundamentais da obra botánica de Sarmiento: a) a súa afiliación á sistemática de Tournefort; b) as estreitas relacións co botánico Quer; e c) o seu decidido interese pola botánica aplicada. No ámbito máis amplo das ciencias naturais, Filgueira, X.10 publica, nun número homenaxe a Gallasteguí da Revista de Economía de Galicia (1962), un traballo sobre o conxunto da obra naturalista de Sarmiento, así como a singularidade do seu interese polos procesos de hibridación (El P. sarmiento. Precursor de la Misión Biológica de Galicia).
45 Nº 363