Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
SARMIENTO, O ECLESIÁSTICO CREADOR DO GALEGUISMO
Texto lido no acto institucional da Real Academia Galega en Pontevedra o 17 de maio do 2002 por
Xesús Ferro Ruibal
1. O tempo de Sarmiento Ese estraño e faraónico século que é o século XVIII deixounos as máis espectaculares arquitecturas de Galicia e as máis expresivas esculturas. É o século dos nosos grandes arquitectos, dos escultores 1 e de músicos que nas catedrais emulaban a Viena de Mozart2. Pero o esplendor artístico do XVIII (no que estrañamente falta o esplendor lingüístico e literario) esconde realidades dramáticas e pode non ser outra cousa que a necesidade de lle dar traballo a milleiros de familias arruinadas. Galicia entrara ben neste século, gracias á introducción do millo, e ve medrar Ferrol con 15.000 traballadores no inicio do estaleiro militar e da cidade. Sen embargo, padece tremendas sacudidas. En 1702 o ataque inglés en Rande fai que o noso Sarmiento, con sete anos, fuxa da casa só e sen rumbo e viva varios días asando castañas en Tenorio. Peores foron as chuvias fóra de tempo que arruinaron colleitas e trouxeron fames negras en 17091710, en 1738 e 1739, en 1763 e, sobre todo, en 17681769, período no que botou trece meses sen parar de chover. En todos eses anos a xente, sen ter que comer, cae en masa sobre as cidades en busca de socorro. Hai relatos arrepiantes que falan de 3.200 pobres á porta de San Martiño Pinario, que chegou a mercar trigo en Francia para acudirlle á xente; ou de cómo no Hospital Real tiñan que meter varios enfermos na mesma cama 3. Nun deses anos terribles, 1710, Pedro Xosé García Balboa ten 15 anos e marcha de Pontevedra para estudiar en Madrid 4. ¿Era un desertor do arado? O tempo diranos que marchaba con ansia de redimir esta terra. 2. Sarmiento descobre que é galego Os seus estudios universitarios son brillantes, aínda que o fan sufrir pola súa fala galega. Os Benedictinos fano axiña profesor de Teoloxía Moral en Celorio, na Asturias oriental, e despois en Oviedo. Feixoo constata que é un sabio humilde. De feito, aínda que é difícil cuantificala súa obra, 5 podemos dicir que escribiu uns 150 títulos 6 e escribiu unhas 8.800 páxinas 7 de 13 disciplinas diferentes, aínda que as tres afirmacións requiren matices que terei que abreviar. Pero lembrémolas materias 8
217
Nº 363