CONGRESO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(Tui, 11, 12 e 13 de decembr o de 2008)
Os días 11, 12 e 13 de decembro de 2008 celebrouse en Tui, no Teatro Municipal, o Congreso Álvarez Blázquez organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. O Comité organizador, composto por Xosé L. Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rafael Sánchez Bargiela e Xosé Luís Axeitos, convocou na sala Félix Rodríguez do Teatro Municipal vinte conferenciantes e relatores arredor da figura de Xosé María Álvarez Blázquez. Durante os tres días do Congreso fóronse desenvolvendo e estudando as diferentes facetas do intelectual homenaxeado: do seu labor creativo no eido literario ocupáronse Manuel Forcadela, Xosé M.ª Álvarez Cáccamo, Ana Acuña, Ramón Nicolás e Carlos Bernárdez. O seu importantísimo traballo como erudito e investigador literario foi glosado e estudado por Xosé Luís Méndez Ferrín e por Xosé Ramón Pena. Outra das facetas ineludibles na vida do noso escritor foi a de editor, fundamental por canto ten de conciencia construtiva e fundacional. Representou, no dicir de Darío Xohán Cabana, un dos relatores que desenvolveu este tema, un fito de grande importancia por canto as súas coleccións foron ao encontro dun público distinto a través da edición de textos populares que se distribuíron por canles innovadoras e diferentes das publicacións máis académicas e humanísticas doutras editoriais. Completaron esta visión editorial do noso intelectual Manuel Bragado e Víctor F. Freixanes que, como editores, incidiron en perspectivas profesionais do mundo do libro. Se a faceta historiográfica de Álvarez Blázquez foi exposta por Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG, os pioneiros traballos no campo da arqueoloxía estiveron a
7 Nº 369