XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: UNHA VOZ PROPIA E ?HONRADA? Ana Acuña
Morrer de tanto amor de tanta entrega á familia ós tesouros á palabra Esquecer a dolor ?patria galega? e darche a vida que en silencio labra (Luz Pozo Garza)
1. INTRODUCIÓN: A CIENCIA DE FLORECER E A ARTE DA RESISTENCIA Queremos comezar agradecéndolles aos organizadores do congreso que nos acolle a oportunidade de seguir aprendendo sobre Xosé María Álvarez Blázquez e a posibilidade de reencontrar estudosos da súa obra que tanto nos ensinaron e compartiron. É unha responsabilidade falar dun home que soubo ?a cencia de frolecer? como el expresou nun verso1. Soubo ?reiteramos? a ciencia de facer florecer a nosa lingua, a nosa literatura, a nosa historia..., nun momento no que non había institucións que visen por elas. Xosé María Álvarez Blázquez coñeceu a ciencia de florecer e practicou a arte da resistencia dos dominados durante moitos anos, demasiados. Pero nin os tempos escuros nin as mil mortes pequenas e grandes que o marcaron puideron con el porque o autor tudense estivo por riba desas circunstancias vitais e das dificultades económicas2. Xosé María Álvarez Blázquez, coma tantos dominados, foi quen de aproveitar pequenas fendas dentro do poder e desenvolver rexistros públicos e ocultos para que a cultura galega non esmorecese en épocas de deserción. Velaquí a impresión que o autor tiña daquel tempo e que lle comunica, nunha entrevista, a Margarita Ledo (1980: 8):
Quedamos unha célula mínima que mantiñamos as nosas conversas, a borralla, aquel fume que foi sementeira. Esto ténsenos que recoñecer. Non temos o mérito de ser os iniciadores pero mantivémolo no oprobio, na anguria das nosas vidas truncadas mentras os nosos amigos e coñecidos da outra banda medraban e se favorecían da situación; nos contentabámonos coas migallas para mal vivir, se me permites o termo, heroicamente.
Leva razón Manuel Xestoso (2008: 24), no final do seu artigo dedicado a X. M.ª Álvarez Blázquez como ?recompoñedor do puzzle cultural galego na posguerra?, en que ?Ás veces, a historia e a cultura dos pobos repousan sobre persoas así.? Imprescindibles, engadiriamos nós. Nesta ocasión non nos estenderemos na ?arte de resistencia? que desenvolveu X. M.ª Álvarez Blázquez, pois imos centrarnos nunha parte pequeniña de toda a súa ciencia de
9 Nº 369