OS FEITOS NAS INVESTIGACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Eduardo Méndez Quintas
Instituto de Estudos MiñoranosClube Espeleolóxico Maúxo
LIMIAR No ano no que os galegos agasallamos a Xosé María Álvarez Blázquez co Día das Letras Galegas, non temos máis que axeonllarnos ante o seu xenio creador e investigador. Como poderemos comprobar noutras partes destas actas, Álvarez Blázquez destacou en múltiples aspectos da cultura do país, entre a que destaca a Prehistoria e a Arqueoloxía. Tendo en conta a calidade das súas investigacións e a importancia de moitos dos seus descubrimentos, debemos considerar a Álvarez Blázquez como un dos arqueólogos galegos de maior proxección da segunda metade do s. XX, e a figura fundamental, do desenvolvemento moderno, da arqueoloxía de Vigo e a súa bisbarra. Por todo isto, consideramos de xustiza eloxiar as investigacións arqueolóxicas de Álvarez Blázquez, pero para poder valoralas na súa xusta medida primeiro debemos coñecelas polo que pasamos a describilas máis polo miúdo1. OS INICIOS EN TUI Sabemos que as primeiras achegas de Álvarez Blázquez á arqueoloxía do país datan dos anos 193334. A súa estreita relación con Manuel Fernández Costas e o seu grupo Ultreia frutificaría na realización de diversas ?exploracións? arqueolóxicas na bisbarra de Tui. Os materiais recuperados formaron parte dun pequeno museo, que atoparía efémera sede, nas dependencias do Instituto de 2ª Ensinanza de Tui. Desgraciadamente a súa vida foi bastante curta, xa que coa barbarie asasina da Guerra Civil, en 1936, o Instituto foi clausurado e os materiais arqueolóxicos foron ?conservados? nunhas dependencias municipais. Tempo despois, e como o propio Álvarez Blázquez nos narra, serían recuperados por el mesmo:
Os obxectos conservados no ?Museo? puideron ser trasladados a unha ruinosa dependencia propiedade do Concello. Autorizado amablemente polo Sr. Alcalde fíxenme cargo un ou dous anos máis tarde daquilo que era posible recuperar; o piso do local, cheo de buratos que daban a un soto insondable, tragara boa parte das pezas ata alí levadas, pero aínda tiven a fortuna de recuperar a maioría e tamén as máis interesantes. (Méndez Quintas 2008b: 247)
Deste museo sabemos da composición dos ?estantes?, a partir do ?Rexistros do Museo de Tui? realizado por Álvarez Blázquez entre os anos 193335 (Sánchez Bargiela 2008:
167 Nº 369