XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, CANONIZADOR E INVESTIGADOR DA LITERATURA GALEGA Xosé Ramón Pena
Por decisión dos membros da Real Academia Galega, naquela altura presidida por D. Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado con motivo da celebración anual das Letras Galegas en maio de 1998 non foi un único autor, como viña sendo, e é aínda, norma habitual, senón tres: Meendinho, Johán de Cangas e Martín Codax, todos eles vinculados co mar de Vigo, foron as figuras seleccionadas nese momento. Sen dúbida, con eles, e desde eles, o que se buscou foi render unha tan necesaria como oportuna estima, xeira en relación coa obra concreta dos tres xograrestrobadores xeira tamén referida ao conxunto desoutros que o conforman acercado lirismo medieval galegoportugués: máis de dúas mil composicións, xa de carácter profano ?a maioría das mesmas? xa dedicadas á figura da Virxe María, e que chegan onda nós desde a autoría de cento sesenta e un poetas de nome coñecido. Naquel ano de 1998, quen lles está a falar agora, recibiu o encargo, por parte de Edicións Xerais de Galicia, de levar a cabo determinados labores en relación cos poetas do mar de Vigo, e que constituían o obxecto da conmemoración das nosas Letras. Entre esas gratas tarefas que me foron encomendadas, unha delas veu destacar axiña de maneira singular: tratábase de volvermos editar ?sinalando os criterios precisos de tal edición, engadindo as correspondentes notas a pé de páxina, fixando os textos?? un traballo que xa vira a luz con anterioridade: para sermos exactos, trinta e seis anos atrás; isto é en 1962, cando, a través dun volume presentado polas Publicacións da Asociación da Prensa viguesa, fora tirado do prelo dentro da colección ?Mar de Vigo?. Semellante texto non vén ser outro que o que leva por título Martín Codax, Cantor del Mar de Vigo, e que fora redactado catro anos antes ?ao tempo que premiado no certame ?Álvarez García?? por D. Xosé María Álvarez Blázquez. Non foi esa a única ocasión, porén, en que tiven a honra de ser convidado a participar en traballos que entrasen en relación co quefacer de D. Xosé María. Por unha amábel decisión dos seus fillos, no seu día fóronme confiadas algunhas carpetas da súa propiedade a conteren materiais inéditos, especialmente textos en forma de diálogos, parrafeos? procedentes da primeira metade do século XIX, e coa intención de que eu os fose dando a coñecer oportunamente: algo que, na medida das miñas cativas posibilidades si fun amosando á luz pública ao longo dos anos 90 do pasado século. Mais non se trata, evidentemente, de vir falar aquí e agora dese labor meu, senón da presenza de Xosé María Álvarez Blázquez como canonizador e investigador da nosa literatura, aínda que sexa coa brevidade que a ocasión impón.
201 Nº 369